Os socialistas preséntanse nestas eleccións en Leiro como "a candidatura dos valentes"

13, Maio 2015

Na candidatura socialista "dos valentes prevalece xuventude e veteranía como tamén igualdade entre mulleres e home, en definitiva aire fresco na política do noso Concello", afirman desde a candidatura que lidera Manuel Rodríguez como candidato á alcaldia de Leiro.

Dende a filas socialistas fánse  unha pregunta aos veciños: merecedor este Alcalde de darlle de novo o voto e a confianza ? e para dar resposta concluen "cando durante estes vinte anos que leva no poder municipal o único que realizou é manterse neste para chegar ao seu obxectivo de Senador e durante este tempo o que conseguiu foi rematar co Cámping, as novas instalacións do novo Balneario de Beran pechadas, Mosteiro de San Clodio pechado durante todo o inverno e traernos dúas Plantas unha de lamas e outra de residuos de obra".

"Nós con esta candidatura non buscamos crecer politicamente, nin economicamente só queremos que os nosos pobos teñan os servizos básicos, infraestruturas, axudas ao pequeno comercio e emprendedores, impulsar e poñer en valor a nosa Biblioteca Municipal, que os nosos maiores teñan un lugar onde pasar os seus últimos días da súa vida, que os nosos nenos e nenas teñan uns parques infantís decentes, non como ata agora, que os nosos mozos teñan vivendas e emprego e non teñan que emigrar do noso Concello, que varios servizos municipais e que están en mans privadas volvan ser públicas en definitiva un proxecto de renovación de xente e ideas, como tamén proximidade, transparencia, austeridade e participación", manifestan desde a candidatura socialista.