Un Arenteiro que non da máis de sí, empata ante o Sanxenxo (1-1)

Data: 
31/1/2010
A sangría de puntos nesta liga en Espiñedo parece que non tén fin.  O Arenteiro volveu a repetir o guión de anteriores partidos, adiantandose no marcador, índose ó descanso por diante, e atá xogando contra un rival que se quedou con 10 xogadores os últimos 20 minutos de partido, nin asi. O Sanxexo, que non tirou a portería en todo o partido levouse outro punto do chollo de Espiñedo. E xa tén mérito, non tirar entre os tres paus en 90 mintuos e levarse o empate a un gol. E é que, para máis desgracia, efectivamente, o gol do Sanxenxo chegou ó saque dun corner que non acertaron a despexar nin Tacón nin o meta Iván, entre os dous, fixeron o gol do Sanxenxo. E o pior, a imaxe que toda a segunda parte volveu dar este Arenteiro que non sabe a qué xoga, sen patrón de xogo e sen apenas máis recursos que a vontade que poñen algunhos xogadores, e con algunhos outros en alarmante baixa forma. Adiante, por exemplo, só Nicol -autor do gol- foi quen de levar perigo á portería rival. Atrás, algo mellor coa entrada de Jorge no equipo, e no centro do campo cada quen facendo a guerra pola súa conta, sen moito acerto. Ante este panorama, os recambeos de Marquitos foron dar entrada no terreo de xogo a Oliveira no úlimo cuarto de hora, e a Marcos Castro cando faltaban 3 minutos, acaso éste último fose para perder tempo e amarrar o empate. Quen sabe.

Comentarios

Eu penso que estar falando a

Eu penso que estar falando a estas alturas de ceses e demáis é un erro enorme. Temos que pensar que xa non queda moito e que é o momento de cerrar filas a carón do equipo (hai equipo) e luitar polo ascenso. A min o adestrador no che me gusta nadiña pero xa haberá tempo de botalo en Xuño. Ademáis mirade o exemplo do Barbadás que soubo ter paciencia e agora están metidos de cheo na pelea. ............. e un mensaxiño para Lolo "García" Carril: deixa de botar leña que a ti tamén te convén que o equipo suba a terceira. saúdos amiguiño.

isto era unha morte

isto era unha morte anunciada, os "directivos " da orquesta volveron fallar e xa van......moito de pico e poucos ou mellor dito nada de feitos, e o pior ainda está por vir. O domingo o mesmo de sempre "xogamos coma nunca e empatamos ou perdemos coma casi sempre". QUE ME DEVOLVAN OS CARTOS DO MEU CARNET, SÍNTOME ESTAFADO, ENGANADO E DESILUSIONADO, que xogue o Arenteiro B, polo menos son do Carballiño.

Si eu creo tamén que iste

Si eu creo tamén que iste proxecto xa o podemos dar por morto, non pola clasificación (estamos so a 1 punto), sinon pola sensación do equipo, e o final dunha tempada cada un vai a quedar no seu sitio, e a min vendo o Arenteiro dame a sensación que estamos nos postos que estamos é unha mera circunstancia puntual pola excesiva irregularidade dos equipo que están arriba, pero isto non vai ser sempre así. Eu xa perdín a esperanza niste equipo, son socio dende hai moitos anos, e sempre é a misma canción, moitos fumes o principio, e o final quedamos onde quedamos, como di algún, parece que imos comer o mundo, pero o mundo ncome a nos.

Que en paz descase este novo

Que en paz descase este novo proxecto 2009/2010. Efectivamente, dacordo co titular, esto non dá maís de si, a non ser que...se tomen medidas serias e contundentes, é decir, xogarse todo a unha carta, pode saír mal, pero mal xa estamos, asi que...