Estudar ¿ para qué ? Sr. Rajoy

Pablo Lorenzo Fariña

 Tempo atrás  nun programa de Tv facianlle diversas preguntas ó canditato do PP ó candidato á presidencia do goberno  reino de España. Unha determinada pregunta facía referencia ó nivel do noso sistema educativo. O Sr. Rajoy, falou de que na educación  debese recuperar o espirítu de sacrificio. E estou dacordo. Dixo que non se podía pasar de curso con catro asignaturas suspensas. E estou dacordo. Falou do imprescindible sentido da autoridade que se está perdendo na educación. E podo tamén estar dacordo, se non confunde a autoridade necesaria que debe asistir ós ensinantes, para que o proceso pedagóxico sexa eficaz, cun concepto de autoridade militar. Xa estou menos dacordo en pretender uniformar en todo un Estado diversos determinados contidos do curriculo escolar. Pero a grandes rasgos, mentres esto comentaba, podo estar en liñas xerais dacordo, sobor de todo na xa inaceptamemente inaplazable rerflexión sobor do ensino de calidade que deben ter os nosos fillos.

Pero chegou o momento no que fixo un comentario, tan infeliz, que lle descubríu o concepto materialmente elitista que ten da educación "se está un mellor educado, mellor preparado, ten un posto de traballo mellor e gaña máis cartos". Esta afirmación chirría. Que o Sr. Rajoy pase por alto, aínda hoxe,  que para ocupar mellores postos, non basta con estar mellor preparados e que tamén se necesita algunha "axudiña", podo consideralo un despiste propio de calquera político. O que para mín amosa que o Sr. Rajoy debe vivir nun mundo distinto ó noso, é cando fala de que se gañan máis cartos. Mire Sr. Rajoy, para gañar cartos hai que ser deportista de elite, actor de renome, cantante de moda, matador de touros...oficios, que por dignos que poidan ser, necesitan determinadas cualidades e non estudos. Pero aínda máis, Sr. Rajoy, quenes non teñen esas cualidades, bástalle con relacionarse con alguén dos anteriores, ou con un primo segundo dun cuñado dos anteriores, con maior ou menor ética (ou moral, se o prefire) e, por suposto, despois ir a contálo nalgún programa de televisión ou revista delle coure.

Sr. Rajoy, un dos graves problemas que ten a educación hoxendia é precisamente a desmotivación dos rapaces por aprender, a falta de espíritu de sacrificio, o pensar que o benestar é un dereito para o que non se necesita esforzo. Se vostede lle fala de gañar cartos, seguro que prefiren escoller atallos. Só desexo que os meus fillos no escoiten ese tipo de frases.

Comentarios

Pabliño, : pero si teu pai

Pabliño, : pero si teu pai queriate meter "cura", que son os que piden cartos..... xa que ti para fraile non vales!!!!

Jacobe Ribeiro

Para acompanhar este artigo vou falar um bocadinho do EEES. Que é o EEES? Pois a simples vista algo muito sinxelo, essas siglas respostam a Espaço Superior de Ensino Europeu, ou o que é o mesmo o sistema educativo que se quer impor em toda Europa com o nome de Processo de Bolonha, dixem que a simples vista era fácil de explicar porque em teoria desde as altas cúpulas políticas isto é um sistema de estudos no que os créditos seram iguais em toda Europa, o que favorecerá o intercámbio com outros paisses do velho continente. Mas vamos analisar o que reialmente é este plam que de forma tam amavel nos quer imponher o PP e o PSOE, apoiados na Galiza por o BNG. O primeiro que deveriamos é aclarar o sistema de subvençons do novo sistema educativo, é dizer como nos vam ajudar a estudar; pois a equaçom sai-lhe redonda aos que partem o bacalhau; o senhor Botim (BSCH) oferta aos estudantes uns créditos para que estes poidam estudar e depois estes amavelmente quando tenham travalho devolvem-lhe o que este bom homen lhes emprestou. Deus quanta vondade há no senhor Botim, negócio perfeito para tudos, Botim paga à universidade e o estudantado paga interesses a ele. Depois vendem-nos universidade pública. Outro ponto de importáncia chega quando olhamos os plans de estudos das carreiras (ocultos até o dia de se aprovar,nom vaia ser que o estudantado se revele minimamente) e em licenciaturas como nas filologias, suprimense a metade das disciplinas e ciram um suposto grau (sona mais fino) em línguas modernas e ficam tam anchos introducindo na mesma disciplina línguas tam diversas com o alemam e o portugués; tu quando olhas perguntas-te se fas filologia ou um curso no centro de línguas modernas. ademais dim-nos que imos sair mais formados cara o mundo laboral. Outra equaçom perfeita, alumnado ignorante para que proteste poucoe massa de trabalho para a sociedade capitalista. E assim por alto o outro grande delito deste projecto vem com o posgrau, o posgrau vai ser indispensavel para poder participar em oposiçons e vam sair tantas praças de posgrau público como de praças na oposiçom. Se nom entras sempre podes pagar o master Telefónica ou o master Santander, no que as praças som ilimitadas e as matrículas de 6000 euros. Outra equaçom perfeita, educaçom para os que tenhem o capital, elitismo do ensino. A isto caberia engadir preços de matrículas em ascenso, tassas que nom param de medrar e aluno 8 horas, para que só estude que nom tem necesidade de travalhar. Como recava aquele filme: Benvindo, Bolonha!!

señor Pablo Lorenzo

digalle vostede o seu fillo que tampouco fai falta matarse cos libros... Sempre se pode meter un a político ou no caso de non dar o nivel, a sindicalista, que gañar igual non gañan tanto pero traballar desde logo, nunca-mais.!! José Luís

Sr Pablo,despois de leer o

Sr Pablo,despois de leer o seu comentario,vexo que a única pega que lle pon a resposta do Sr Raxoy,he que cualquer rapaz dos que esta en edade de Estudios,he que se pensan o dia de mañan en gañar mais cartos por estan mellor preparados,non lles vale a pena facer o esfuerzo, xa que terian que darlle a razon a aquel Lider de Centrodereita que un dia dixo nun programa de Tv "que habia que preparase con moito esforzo" para ter un mellor nivel académico he poder así aspirar o dia de mañan(entre outras cousas)a gañar mais diñeiro por ser un mellor profesional. Penso tamen que cualquer rapaz pode tomar como exemplo a debandita resposta he aspire tanto El como os Profesores,como os SEUS PAIS,a ter a mellor preparacion posible,xa que sempre se dixo que "o saber non ocupa lugar". Encanto a que Vostede desexa que os seus fillos non escoiten esas "terribles"frases, eu non teria tanto problema, soamente habria que convencelos,chegado o momento,que renuncien a parte das prestacions economicas que terian dereito a elas por ser uhnos vos profesionales

hia

uhh