O CONTO DO LEÓN

Pablo Lorenzo Fariña

Fillo dun estibador portuario, de profesión Garda Civil. E contoume o chiste do león. ¿Querédes que vo-lo conte?   Partamos do feito incostestable de que un león pode comer a calquer individuo da especie humana nun espacio relativamente curto. E incluso dixerilo. Aínda que acostuman a deixar algunhas sobras para que as aproveiten os carroñeiros de turno. Coñecín a esta persoa nunha cea, e explicoume o conto, ou máis ben parábola do león. Non me esforcei en falarlle do Sansón Bíblico, nin do cristianismo nos anfiteatros romanos. Escoiteino. Dixo que llo contaran non sei quen, pero tal como o coñecín, apostaría que moi ben poido inventar o conto él mesmo. Tén un fillo de 10 anos, dato moi importante para entender a súa convicción respeito da solución e adoptar no conto lo león. ¿cóntovos o conto do león? é coma o amor, unha especie de abrazo do desencanto. Pero mellor racionalicemos todo e sexamos politicamente correctos. O conto é sinxelo. Na vida hai leóns e diante de esa realidade poderían suceder douas cousas: a) non atoparse nunca con eles, cousa difícil. b) atoparse con algún león. Neste segundo caso, que é o máis probable, ponte no pior, a non ser que apliques o conto do león. Pero antes quero definirche a esta persona. Como xa dixen, fillo de 10 anos, pai estibador portuario e Garda Civil ( o que non quere dicir máis ca que cando traballa viste de verde ¿ecoloxísta? mirada clara, sinxela, e disculpademe se me adorno en tópicos. Coincidimos coma unha de tantas anécdotas que nos regala a vida, e despois de non sei cantas copas de viño, axudoume a ver a vida. ¿ Querédes o conto do león?  Teño certo medo, ou polo menos respeto a contárvolo: quizás me esté escoitando algún león, ou aprendiz de león, que son máis perigosos. O conto é que cando na vida te atopes co león que che corrsponda, simplemente tés a opción intelixente de deixarlle as talladas, agacharte, e cando xa esté farto e se quede dormido, voltar a aproveitar as sobras. En definitiva, que ou te conformas coas sobras ou tés que cambiar de sábana.

Comentarios

Entre tí, i ,éu Pabliño: a

Entre tí, i ,éu Pabliño: a solución e que te coma a tí; pois se me come a min non cabiara nada, pero se te come a tí, o León EMBORRACHASE hasta perder o sentido......

Simplificado

Eu simplificaríao na seguinte cita de Herb Caen: Cada mañá en África unha gacela esperta. Sabe que ten que correr máis rápido co león, Cada mañá un león esperta, Sabe que ten que correr a gacela máis lenta pra non morrer de fame. Non Importa se es león ou gacela cada maña cando saia o sol !corre¡. Marcos

Eu penso que hay uhna 3ª

Eu penso que hay uhna 3ª posibilidade,e esta pode ser. Enfrentarte o Leon,tratar e conseguir reducilo,logo metelo entre rexas ,por perigroso.De esa maneira comerá o que sexa necesario soamente(segun consideren os expertos he ven preparados coidadores)por aquelo de que non se caiga na tentacion de cometer abusos como facia o Leon,despois comer un o xusto,ou incluso un pouco menos,para así a comida chegue non soo pos dous,senon pra outra xente que tamen a necesite. Ahora ben,pra elo hay que loitar pra conseguir ese obxetivo,non vale soo con contalo. Saudiños