TODO O QUE NOS FALTA

A verdade é que, canta razón ten o veciño ou veciña que me chama a atención por pretender ter acceso fácil e a bó prezo das novas tecnoloxías no noso rural, cando onde él vive, ainda hai veciños que non dispoñen de saneamento. Pero tamén é verdade que parece tan inverosímil que a estas alturas o noso rural non esté debidamente preparado, alomenos nas zonas de fácil acceso, que me esquezo dese tipo de reclamacións, e non debería. Señores Alcaldes e responsables municipais, está moi ben que fagan vostedes planes de futuro e de mellora pensando no próximo ano, pero porque non van de vez en cando resolvendo os asuntos pendientes e dandolle aos veciños dos seus concellos, aqueles servizos dos que carecen?Eso tamén é facer política.
