O Irixo en festas, e tamén a cronica social, municipal e histórica deste concello no programa especial de verán en COPE O Carballiño. Escóitao aquí.

A visita radiofónica concidíu este venres 14 de agosto co inicio das festas de Santa María do Campo que se prolongan ata este próximo domingo, de toda a programación festiva para estes dias falamos neste programa con Claudio Cerdeira.

Contamos sorprendentes historias do Irixo do século pasado con Adolfo Otero Loureiro, natural de Parada de Laviote e memoria viva daquél O Irixo.

Coa alcaldesa Rosa María Dalama, repasamos o dia a dia da xestión municipal neste tempo de verán neste concello do Irixo.

Carlos Taboada, da Banda de Gaitas e Danzas do Irixo achegounos á actualidade desta asociación que neste ano 2026 está a celebrar o seu 50 aniversario.

E por último, con María José Villanueva, concelleira de cultura e educación do concello do Irixo, conversamos sobre a riqueza natural e paisaxistica, artística e patrimonial que nos encontrarémos en calquera das 12 parroquias que forman o concello do Irixo.

Compartir en: