Deportes

A RFEF comunicou na tarde deste venres a suspensión do partido que debería xogarse este sábado 22 de Xaneiro en Espiñedo correspondente á xornada 18 de liga na segunda RFEF. Ao parecer, o Arousa notificou 7 positivos COVID na plantilla.
Os verdes tiveron que xogar toda a segunda parte con 10 xogadores pola expulsión de Portela, unha superioridade que non pudo aproveitar o Avilés ante un Arenteiro con amor propio que non so resistíu senón que foi quen de gañar o partido tras unha magnífica xogada de Eimil que culminou Sylla.
Un ano para enmarcar dentro da historia dos 63 anos de vida de Club Deportivo Arenteiro, sen dúbida, o 2021 pasa a ser o mellor ano da súa traxectoria para un equipo que por vez primeira na súa historia logrou o título de campión de terceira división e deuse a coñecer na España futbolística nunha Copa do Rei na que puxo contra as cordas ao Valencia CF.
Había certos temores entre a afección do Arenteiro por esta viaxe a Madrid, xa que o partido ante o Navalcarnero xogábase cun intervalo de menos de 72 horas tras o gran desgaste físico que para o equipo supuxo o partido do xoves ante o Valencia.
A Real Federación Española de Fútbol designou ao árbitro FIFA, José Luis Munuera para dirixir o Arenteiro-Valencia que se xoga este xoves ás 19 horas no estadio de Espiñedo, correspondente á segunda ronda da Copa do Rei. Munuera pertence ao Comité andaluz, con ampla experiencia en primeira división, é árbitro internacional dende o ano 2019.
O Arenteiro non mereceu sair derrotado hoxe de Espiñedo ante o líder, o equipo madrileño da ADU Adarve viuse superado nunha gran parte no partido desta tarde en Espiñedo, pero un gol que non debeu subir ao marcador por fora de xogo, sírvelle para levarse os 3 puntos do Carballiño e ser máis líder.
Coruxo e Arenteiro xogaron un partido intenso e con resultado incerto ata o último suspiro, no que valeu un solitario gol dos vigueses logrado cando apenas ían 7 minutos de xogo sobre o campo de Fragoselo na matinal dominical.
Unha noite para a historia a vivida este dia 1 de Decembro no Estadio de Espiñedo coa vitoria do Arenteiro sobre o Logroñés,un partido vibrante e que clasifica ao equipo carballiñés para xogar a segunda ronda da Copa do Rei por méritos propios, xa que os verdes foron superiores ao equipo da capital da Rioxa e mesmo poideron lograr un marcador máis amplo.
O Arenteiro volveu repetir o guión de anteriores partidos, acaso fai o máis dificil que é poñerse por diante no marcador, pero acaba indo de máis a menos, e cedendo o empate ante os seus rivais. Tamén aconteceu ante a Gimnástica Segoviana, á que deixou ir con vida ao descanso, e coller aire tras o paso por vestiarios.
Reparto de puntos en Oviedo entre LLanera e Arenteiro, nun partido cunha parte para cada equipo no que o Arenteiro adiantouse cun golazo de Renan Zanelli aos 13 minutos e conseguiron empatar os asturianos xa co partido moi avanzado, no minuto 82, nun campo de moi reducidas dimensións no que se xoga a algo parecido ao fútbol.

Páxinas