Deportes

O Arenteiro foi mellor que o Deportivo na primeira parte e por eso chegou ao descanso por diante no partido grazas ao gol de Miku no minuto 32, pero na segunda parte o equipo quedouse coas forzas moi xustas, e o Deportivo aproveitouse delo para darlle a volta ao marcador.
O Arenteiro perdeu na súa visita ao Cerro do Espino, onde o Raio Majadahonda venceu por 2-0, cortándose asi unha serie para os verdes de seis partidos sen perder na competición de liga da Primeira RFEF, despois de 16 xornadas desputadas co Arenteiro clasificado no noveno posto con 23 puntos, con 8 de vantaxe sobre o descenso.
O partido púxose moi pronto en contra dos intereses do Arenteiro porque aos 8 minutos adiantáronse os burgaleses, ainda asi o Arenteiro logrou o empate por medio de Iván Ramós, pero de novo ao borde do descanso os visitantes lograron volver poñernse por diante no marcador.
Outra noite invernal con choiva e frio en Espiñedo para ver un novo triunfo dos verdes, que foron superiores a un Sabadell ao que doblegaron con dous goles, un en cada parte e nun terreo de xogo que foi empeorando conforme avanzaba o partido.
Desta vez hai unamidade e os medios locais lucences ríndense ante un Arenteiro que foi moi superior ao Lugo aínda que o gol de Iván Ramos non chegou ata o minuto 58 de partido, merecíao xa moito antes nunha primeira parte primorosa do equipo de Javi Rey.
Terceira visita do equipo catalán a Galicia nesta liga de 1ª RFEF, venceu en Balaidos ao Celta B, empatou en Riazor co Deportivo e perdeu en Espiñedo co Arenteiro na que foi, ademáis a primeira visita da historia do Cornellá a O Carballiño.
O equipo donostiarra, que perdía o liderato con este empate co Arenteiro, adiantouse cun 2-0 e foi mellor durante a primeira parte, a pesar de que o Arenteiro tivo ocasións para o empate, por exemplo se o árbitro pitase un clamoroso penalti na área local, increíble que un árbitro non pite algo asi.
Marquitos,Pibe e finalmente Luis Chacón fabricaron un gol de fantasía para adiantar ao Arenteiro no minuto 76 de partido, pero no 93 o Fuenlabrada logrou o empate definitivo a un gol, nunha tarde-noite infernal en Espiñedo, con choiva, vento e frio.
O Arenteiro continúa o seu idilio coa Copa do Rei e cun solitario  gol de Markitos no minuto 33 de partido foi sufiente para superar ao Real Avilés Industrial e clasificarse para a segunda ronda do torneo do "KO", que desputará xa como local e ante un equipo da Liga de Futbol Profesional.
O Arenteiro saíu en tromba ao municipal de Espiñedo neste partido correspondente á 10ª xornada do campionato de liga de Primeira RFEF e aos 3 minutos Miku marcaba o primeiro dos catro goles dos verdes ante o equipo charro, xa na segunda parte chegou a goleada cos tantos de Álvaro Ramón, Manín e Vicente Esquerdo.

Páxinas