Deportes

Por fín unha alegría en Espiñedo, que rexistrou unha boa entrada. Tiveron que pasar tres meses, desde setembro do ano pasado, para que a parroquia carballiñesa volvese ver gañar o Arenteiro, e aconteceu neste primeiro partido do 2010 ante o Gran Peña, ó que os carballiñeses derrotaron con dous goles e nun partido con bó xogo a ráfagas e no que os vigueses tamén tiveron as súas oportunidades.
Un Arenteiro encoraxinado e cunha aptitude moi distinta a amosada o pasado domingo en Espiñedo, con capacidade e boa disposición, sorprendeu no campo do Lourambal atá o esta noite invicto lider da categoria, o Porriño Industrial, que sufríu asi a primeira derrota da temporada.
En 94 minutos de partido o Arenteiro foi incapaz de tirar nin tan xiquera  unha vez con perigo entre os tres paos da portería rival, e eso que enfronte tiña ó colista da categoria, o Nogueira de Ramuín, que polo visto no municipal de Espiñedo é un equipo máis propio da primeira rexional que da preferente.
Xusto reparto de puntos no campo redondelán de Santa Mariña, nunha tarde de sábado típicamente invernal, con chuvia durante todo o partido e un terreo de xogo en moi deficientes condicións para a práctica do fútbol. Con este panorama, non quedaba outra táctica que xogar ó pelotazo e eso foi o que fixeron unhos e outros que, asi e todo, puderon marcar algún gol.
Espiñedo viviu unha nova tarde de derrota para o Arenteiro, esta vez foi o Estradense quen se levou os tres puntos, a cuarta vez no que vai de liga, 14 xornadas, antes xa o fixeron Barbadás, Portonovo e Caselas. Se ás catro derrotas sumamos o empate ante ó Cruceiro de Hio, estamos segurante ante o pior Arenteiro como local das últimas temporadas.
A imposiblidade de reunir once xogadores, ante a avalancha de baixas na plantilla, unhos por lesión e outros por enfermidade, levou o C.D. Arenteiro a solicitar a suspensión do partido de liga que este domingo dia 22 tiña que desputar ante o líder Porriño Industrial, no campo do Lourambal de Porriño.
O Arenteiro xogou por vez primeira na súa historia un partido campo de futbol da Uceira, onde se enfrontou en partido de liga ó Caselas, e perdeu por 0-2.
Un cativeiro Arenteiro, como cativeiro foi o partido, logrou traer os tres puntos para o Carballiño. Os verdes fixeron desta vez da necesidade unha virtude e malia as numerosas baixas no equipo titular, aprobeitaron as contadas ocasións e primeiro Fran, e despois Martín, e xa a once minutos para o final Diego Soto, conseguiron os tres goles para neutralizar os dous marcados polos cambadeses.
Terceiro tropezón consecutivo do Arenteiro en Espiñedo, tras a derrota ante o Barbadás e o empate có Cruceiro, chegou unha nova derrota e desta vez ademáis de forma contundente por cero a tres ante o Portonovo.

Páxinas