Concello e CD Arenteiro ultiman a posta en marcha da escola municipal de fútbol para a próxima tempada
O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e a concelleira de Deportes, Silvia Baranda, reuníronse hoxe no concello co novo presidente de C.D. Arenteiro, Argimiro Marnotes, e o directivo Manuel Cid, como unha primeira toma de contacto coa nova directiva da entidade.
Na reunión analizouse a colaboración do concello co C.D Arenteiro, así como as circunstancias relativas á escola de fútbol. Neste senso, comunicase que nos próximos días anunciarase o comezo do período de inscrición para a escola deportiva de fútbol.