Aplazada a aprobación das bases para a concesión do novo balneario de Berán

29, Abril 2009

Desta vez tampouco pudo ser. Malia o consenso que presidiu a sesión da Entidade Local Menor, e cando  os integrantes da Xunta xa daban por aprobadas as bases, tras diversas correccións presentadas no desenvolvemento da sesión, o Secretario da Entidade advertíu que non podía adoptarse o acordo sen que se procedese a unha nova redacción e, polo tanto, á votación sobre "un novo documento cerrado". Ademáis, tamén manifestou o Secretario que se trataba "dunhas bases moi complexas", polo que recomendaba remitir as mesmas ós servizos xurídicos da Deputación, para que poidan certificar a súa legalidade. Desta maneira, procederáse a corrixir a redacción das bases, naqueles aspectos que foron aprobados na sesión, para enviar despois o documento ós servizos xurídicos da Entidade Provincial.

As correccións aprobadas nesta sesión a petición do vocal socialista, Tomás Lorenzo, son para que figure nas bases e como obriga contraída pola empresa concesionaria,  que os veciños da parrroquia de Berán teñan un rexíme especial de prezos, con tarifas reducidas, para disfurutar das novas instalacións balnearias. Tamén que revirta na  Entidade tanto calquera tipo de mellora e o equipamento que se faga no balneario, no caso de rescisión do contrato de concesión, que será por un periodo de 25 anos. Tamén garantias que poñan a salvo a posible responsabilidade civil subsidiaria por parte da Entidade Local de Berán.

O futuro concesiorario, deberá abonar á Entidade cen mil euros á sinatura do contrato, e un canón de dezaoito mil euors ó ano, pagadeiros en dous prazos. Nesta sesión, o vocal socialista tamén amosou a súa inquietude pola posible construcción dun hotel ó lado do balneario, que se escaparía ó control da Entidade, polo que suxeríu negociar a posible adquisición dos terreos do entorno. O Presidente, José Luis Rodríguez, recoñeceu a complexidade da proposta.