"A mañá de Cope" comeza a xira de verán, emitindo este venres o programa desde Cea

1, Xullo 2010

Atá o vindeiro mes de setembro "A Mañá de Cope O Carballiño" vaise de xira, coa emisión itinerante do programa, todos os venres de cada semana. Para este dia 2 de xullo a visita que inicia este ciclo veraniego é a vila de Cea, dous dias antes de celebrarse a Festa de Exaltación do Pan de Cea, que ademáis ccoincidindo con esta 19ª edición, ven de acadar a declaración de "Festa de Interese Turiístico". Rocio Campos e Xan Pinal presentarán durante dúas horas, de 12,30 a 14,30, un programa que contará coa actuación musical das "Trouleiras de Cea" un grupo de pandereiteiras entre os 11 e os 12 anos, que ofrecerán a toda a audiencia unha mostra do seu repertorio de música tradicional. Durante a emisión radiofónica poderémos escoitar o Alcalde de Cea José Luis Valladares, que repasará os temas de actualidade neste Concello, e tamén a Celso Garriga, concelleiro de cultura da localidade. Outros convidados serán o Presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea, Carlos Manuel Rodríguez e a dinamizadora socio-cultural do Concello de Cea, Rosana Bernárdez, que avanzará a programación de actividades para este verán. Tampouco faltará á cita o "popular" Señor Modesto, ún dos habituais comentaristas do programa, que ademáis é veciñodo Concello de Cea, e polo tanto bó coñecedor da historia local.