O Partido Popular apremia ao goberno municipal a que adapte os centros de traballo do concello para o retorno do persoal
O Partido Popular manifesta que "toda empresa e como non, toda administración, está en fase de desescalada para que durante o mes de xuño, todo o persoal que non teña excusa, ocupe o seu posto de traballo e poda facer o mesmo de forma segura para el e para a veciñanza que por eles teña que ser atendida".
Aseguran os populares que veñen advertindo "o estado de preocupación por persoal do concello polo feito de que non teñen coñecemento de como será a reincorporación definitiva, pois moitos deles son conscientes de que non o poden facer nas mesmas condicións que o veñen facendo na actualidade, pois existen despachos pequenos de mais de 2 traballadores e que ademais atende ao público e esta circunstancia é a mais frecuente dentro do edificio do concello".
Engaden que con independencia de medidas que se deberían de tomar de control de acceso aos diversos centros de traballo titularidade do concello, como temperatura e desinfección, ou intensificar a limpeza diaria, tamén se deben de organizar os espazos de traballo garantindo as medidas de distanciamento e marcar a circulación de persoas para a súa seguridade.
Dende o grupo municipal do PP propoñen que se traslade a aula cemit as dependencias da casa da cultura, pois sendo que é máis axeitado, liberaría un espazo importante na planta segunda do concello que aliviaría moito a situación.
Tamén recordan a proposta feita no seu día polo grupo popular e aprobada por unanimidade "para realizar a cubrición e adecuación do patio traseiro para destinalo a dependencias de administración local, e que xa foi aprobado por unanimidade en pleno do 30 de marzo do 2017, pois si se consideraba unha proposta importante no seu día, hoxe recobra actualidade como unha solución idónea para a situación que nos toca vivir, pois habilitaría uns 70m2".
Dende o grupo popular, en todo caso, afirman, están en disposición, si así lle lo solicita o grupo de goberno, de ceder provisionalmente o local de utilidade do grupo popular, ubicado na segunda planta, para que sexa utilizado por persoal do concello e facilitar así as medidas de seguridade "pois estamos seguro, que sen mais espazo para poder ser utilizado, non se darán realizado as medidas correctoras necesarias".
Recordan, finalmente, que todos os espazos de titularidade municipal deben de estar adaptados en condicións óptimas para a actividade que desenvolven tanto para persoal propio como para a veciñanza.