San Amaro pretende conseguir o custo cero no gasto eléctrico da casa do concello

8, Novembro 2012

Para elo instalará un sistema de placas solares fotovoltaicas que abastecerá as necesidades enerxéticas do edificio municipal.

O Alcalde de San Amaro, Ernesto Pérez, avanzou nesta emisora de radio que "con este sistema de aforro enerxético non só conseguirémos o custo cero para a electricidade que necesita o consistorio, senón que servirá para cambear o sistema de calefacción, que na actualidade é de gasoleo por outro eléctrico". O rexedor municipal explicou tamén que "o coste de mantemento do sistema é minimo, polo que o aforro vai ser importante".

A Xunta de Goberno adxudicou o proxecto, que representa un invstimento de 40.000 euros, dos que o concello de San Amaro tan só aportará o 20%, xa que o 80% do custo cubrese por medio dunha subvención autonómica do fondo de cooperación medio-ambiental.