Deportes

A histórica visita do Arenteiro ao mítico estadio da Nova Creu Alta saldouse cunha vitoria dos verdes grazas a un gol de Luis Chacón na primeira parte do partido, no que o equipo dirixido por Javi  Rey saíu sen complexos ante o Sabadell e soubo sufrir na segunda parte para traerse os 3 puntos para O Carballiño.
A falta de 10 partidos para o final do campionato, aínda con 30 puntos en xogo, o Areneiro chega a puntuación de 40 puntos na táboa clasificatoria, a 8 puntos dos postos de promoción de ascenso e a 12 dos que perderían a categoria, achegándose outro chisco ao obxetivo da permanencia.
A SD Tarazona adiantouse cun gol na primeira parte e foise ao descanso con vantaxe, mentres que na segunda parte o Arenteiro deulle a volta ao marcador con dous golazos de Christian Santos, un triunfo co que o Arenteiro da un paso de xigante no obxetivo da permanencia, xa que a falta de 11 xornadas alcanza os 39 puntos, ampliando a 12 puntos o colchón de seguridade co descenso.
Tarde invernal no Carballiño para a primeira visita a Espiñedo do hsitórico Nastic de Tarragona, que se levou 3 puntos cun solitario gol no inicio da segunda parte ante un Arenteiro que apretou no tramo final e rozou e mesmo mereceu o empate, pero sen éxito.
O Arenteiro non pudo cantar o mítico "gol en Las Gaunas" de tantas históricas tardes do fútbol no estadio rioxano, ata onde se achegaron un bo puñado de afeccionados verdes nun partido marcado polas ocasións de gol perdidas polos verdes.
O Arenteiro continúa metendo millo no cabaceiro para conseguir o seu obxetivo da permanencia na Primeira RFEF derrotando en Espiñedo a un bo Osasuna Promesas cunha gran xogada en ataque que culminou Álvaro Ramón cun "chupinazo" pola mesma escadra da portería pamplonica que puxo en pe ao graderío de Espiñedo.
O equipo de León, un dos cocos da categoria e que leva en postos de promoción de ascenso desde as primeiras xornadas, foi superado de principio a fin por un Arenteiro que maravillou á súa parroquia en Espiñedo, un equipo que entende o xogo do fútbol a través do balón e que a estas alturas do campionato é a gran revelación da 1ª RFEF.
Un gol dos vascos no minuto 25 de partido que nunca debeu subir ao marcador porque foi precedido dunha xogada en fora de xogo derrotou no mítico campo de "Las Llanas" a un Arenteiro que a pesar de presetarse con numerosas baixas fixo méritos para traerse algo positivo, pero desta vez non pudo ser.
A primeira visita da historia do Teruel a O Carballiño sáldase con reparto de puntos nun partido no que o Arenteiro non estivo tan fino nin o nivel co que cos ten acostumados, sobre todo na segunda parte, cando os aragoneses empataron á saida dun córner o gol co que Pibe adiantara ao Arenteiro de libre directo na primeira parte.
O Arenteiro adiantouse na primeira parte cun gol de penalti transformado por Pibe econseguíu ampliar o marcador co 0-2 xa na segunda metade cun golazo de Manín, o gol dos irundarras chegou no minuto 85 de partido, pero os verdes souberon defender a vantaxe ata que o árbitro pitou o final e tras unha prolongación cun desconto que parecía facerse interminable.

Páxinas