Deportes

Dous grandes goles para un gran espectáculo de fútbol, o que ofreceron Arenteiro e Barça Atletic, na que foi a histórica primeira visita dos culés a Espiñedo, onde se encontraron a un inmenso Arenteiro que venceu con todo merecemento e dorme oitavo na clasificación provisional da 19 xornada da Primeira RFEF.
Primeiro partido do ano en Espiñedo na Primeira RFEF, que se corresponde coa xornada 19 do campionato e xa a última da primeira volta e na que o Arenteiro recibirá a un rival de "campanillas", o segundo equipo dun xigante do fútbol mundial como é o FC Barcelona, o filial culé ao que adestra o mítico futbolista mexicano Rafa Márquez.
Unha magoa, pero asi é o fútbol, e asi de cruel foi co Arenteiro que perdeu o partido no último minuto na súa visita ao estadio do Toralín de Ponferrada, que rexistrou unha gran entrada con máis de seis mil espectadores nas gradas, e cunha numerosa representación da afeeción verde que se desprazou ata o Bierzo, aínda en dia laborable.
A RFEF ven de oficializar os horarios para a segunda volta na Primeira Federación, que abrirá o Arenteiro ante o Real Unión en Irún o domingo 21 ás 12 do mediodia, antes os verdes deberán completar a primeira volta co desprazamento a Ponferrada ás 19:00 h. o mércores dia 3 de xaneiro e recibindo ao Barsa Atletic o sábado dia 13 ás 17:00 horas en Espiñedo.
O Arenteiro foi mellor que o Deportivo na primeira parte e por eso chegou ao descanso por diante no partido grazas ao gol de Miku no minuto 32, pero na segunda parte o equipo quedouse coas forzas moi xustas, e o Deportivo aproveitouse delo para darlle a volta ao marcador.
O Arenteiro perdeu na súa visita ao Cerro do Espino, onde o Raio Majadahonda venceu por 2-0, cortándose asi unha serie para os verdes de seis partidos sen perder na competición de liga da Primeira RFEF, despois de 16 xornadas desputadas co Arenteiro clasificado no noveno posto con 23 puntos, con 8 de vantaxe sobre o descenso.
O partido púxose moi pronto en contra dos intereses do Arenteiro porque aos 8 minutos adiantáronse os burgaleses, ainda asi o Arenteiro logrou o empate por medio de Iván Ramós, pero de novo ao borde do descanso os visitantes lograron volver poñernse por diante no marcador.
Outra noite invernal con choiva e frio en Espiñedo para ver un novo triunfo dos verdes, que foron superiores a un Sabadell ao que doblegaron con dous goles, un en cada parte e nun terreo de xogo que foi empeorando conforme avanzaba o partido.
Desta vez hai unamidade e os medios locais lucences ríndense ante un Arenteiro que foi moi superior ao Lugo aínda que o gol de Iván Ramos non chegou ata o minuto 58 de partido, merecíao xa moito antes nunha primeira parte primorosa do equipo de Javi Rey.
Terceira visita do equipo catalán a Galicia nesta liga de 1ª RFEF, venceu en Balaidos ao Celta B, empatou en Riazor co Deportivo e perdeu en Espiñedo co Arenteiro na que foi, ademáis a primeira visita da historia do Cornellá a O Carballiño.

Páxinas