8 de Outubro Día do Esquecemento Local

9, Outubro 2022

Fai uns días celebrouse o día mundial contra a meninxite e no Carballiño puidose ver o monumento da plaza do Emigrante e o concello iluminado de verde. Persoalmente non me gustan ese tipo de celebracións pero o respeto, xa que considero que tódolos días debe ser o día da Nai ou Pai, contra o cancro, contra os maltratos... Non me gustan porque a maior parte destas conmemoracións van carentes de actividade alguna ven sexa  educativa ou cultural, tanto custa facer unha charla na casa da cultura ou donde sexa para informar e concienzar e dar notoriedade a conmemoración. Prender unhas luces de cores non é mais ca postureo político, a saber canta xente viu a cor verde no concello ou na praza do Emigrante este mércores  e pensou que era para celebrar a victoria do CD Arenteiro na copa. Esa é a triste realidade!

 

Por certo, xa que estamos a celebrar os días internacionais. Onte que foi 8 de Outubro, conmemorábase o día internacional do pulpo. Ningunha soa mención por parte do concello en medio algún. Cero actividades. Presumimos de ser a capital do pulpo a feira, da tapa xigante, de festa de interés internacional, gastamos 40000 euros no mini-monumento do pulpo na Casa Azul e nos esquecemos de conmemorar o día. Tampouco creo que sorprenda a ningúen, se somos capaces de esquecernos do festivo local do patrono a hora de facer o calendario laboral que podemos agardar.

Tamén quero deixar claro que os partidos da oposición tampouco se enteran de nada, ningún partido político nas suas redes ou por outro medio se fixeron eco do día. Ägora que pasou o día, pasou a oportunidade.