Deportes

Gran ambiente de fútbol na matinal dominical de Espiñedo para un partido xogado con total deportividade tanto dentro como fora do terreo de xogo, con dous dúas afeccións amigas, O Carballiño e Pontevedra sempre fixeron boas migas.
O Arenteiro, que viaxou con varias baixas por lesión, non pudo repetir o resultado positivo da súa anterior visita a terras extremeñas e caeu derrotado no estadio Romano José Fouto de Mérida encaixando un gol no primeiro minuto, e cun accidentado final no que os verdes acabaron con 8 xogadores sobre o terreo de xogo.
O primeiro partido da historia entre Arenteiro e Guadalajara saldouse cun empate sen goles en Espiñedo, nunha tarde de outubro con tempo de verán, mesmo calurosa para a práctica do fútbol.
Arenteiro e Barakaldo repetiron o mesmo resultado da pasada temporada en Espiñedo, empate a un gol, nunha tarde no que os verdes perdonaron en exceso ante a portería vasca no primeiro tramo do partido.
Celta B e Arenteiro desputaron un partido intenso, igualado e comptido, con alternativas no xogo e no que a única diferencia foron os goles, 2-1 a favor dos vigueses, cando polo visto no campo de Barreiro -aos puntos- o máis xusto fose un empate. No Arenteiro debutaron neste partido Julen Jon e William De Camargo. Preme para ver o VideoResumen do partido:
O Arenteiro suma un novo punto, que poideron ser tres,e nunha tarde de infarto en Espiñedo polo protagonismo da videoarbitraxe, con accións moi polémicas, nun partido intenso e con ocasións de gol, sobre todo por parte dos verdes.
Primeiro desprazamento da historia do Arenteiro a terras extremeñas que vale outros 3 puntos para un Arenteiro que desta maneira asina o seu mellor inicio nas súas tres temporadas na Primeira RFEF.
A gran novidade da tarde foi a estrea por vez primeira en Espiñedo do sistema de videoarbitraxe implementado pola RFEF para a categoria de bronce do fútbol español.
Alzou o telón a liga 2025-2026 na Primeira RFEF, na que por terceira temporada consecutiva milita o Arrenteiro, e tamén por terceiro curso consecutivo os verdes comezan a competición con derrota.
Arenteiro e Ponferradina empataron sen goles no partido que era o primeiro test da pretempada para o equipo dirixido xa por Jesús Arribas, os verdes tan so cederon (3-4) na tanda de penaltis que decidíu o campión do trofeo "La Galiciana", que se foi para o Bierzo.

Páxinas