Outra gran entrada en Espiñedo, con numerosa afección visitante e máis de 2000 persoas para ver como a Ponferradina, superada claramente polo Arenteiro en boa parte do partido,levouse para o Bierzo 3 puntos de ouro.
Deportes
Chove sobre mollado, Fernández Buergo xa era de infausto recordo para a afección verde, que xa sufrira a este árbitro o ano pasado a pasada tempada nopartido de Espiñedo contra o Lugo, e volveuno sufrir neste partido de Irún, unha triste coincidencia.
Arenteiro e Sestao River repartiron puntos nun partido que pudo gañar calquera dos dous equipos e no que os verdes salvaron un punto no desconto tras un moi mal inicio no que os vascos adiantaronse cun 0-2 no marcador á media hora de partido.
O Arenteiro foi mellor que o filial culé e venceu con todo merececemento nun gran partido de fútbol no que houbo emoción, bo fútbol e cinco goles (2-3). e indo sempre os verdes por diante no marcador.
Os dous goles de Pascu e outro máis do pichichi Baselga, que xa suma dez no que vai de campionato, foron sufientes para derrotar ao xoven e talentoso Barsa At. no seu estadio.
Un mércores laborable e as cinco da tarde, e a pesar delo, máis de 1700 afeccionados deronse cita en Espiñedo para presenciar un partido de futbol no que o Arenteiro fixo mais méritos que o rival, pero o Barakaldo lévase un punto para o País Vasco.
Espiñedo volveu ver outro triunfo do Arenteiro en Primeira RFEF, desta vez ante un correoso Tarazona, o equipo aragonés vendeu cara a súa derrota, que parecía clara no minuto 90 cando o Arenteiro gañaba por un claro 2-0, pero o desconto foi de infarto.
Segundo desplazamento en 7 dias do Arenteiro a terras vascas e segunda derrota dos verdes, esta vez nas instalacións de Lezama onde os cachorros bilbaínos conseguiron a súa cuarta victoria consecutiva cando xa parecía que o partido ía concluir con reparto de puntos.
A falta de cinco minutos para completar a primeira parte seguramente polo pensamento de ningún afeccinado do Arenteiro pasaba pola cabeza que os verdes sairían derrotados con tanta contundencia na súa visita ao campo do Amorebieta.
O Arenteiro puxo fin a 14 meses de imbatibilidade da Segoviana no seu estadio da Albuera, e fixoo xogando un gran partido de fútbol que gañou por 1-2, e mesmo pudo sentenciar con máis claridade xa que tivo varias ocasións para elo, e mesmo fallou un penalti.
Partido redondo do Arenteiro para completar a primeira volta do campionato na 1ª RFEF e asi entrar con bo pe en 2025 e ante o potente FC Andorra, ao que derrotou claramente por 3-0 con doblete de Enol e outro gol de Baselga, para gozo dunha afección que volveu vibrar co seu equipo e despedíu cunha gran ovación.
Video do partido cos tres golazos do Arenteiro ao Andorra:
Últimas novas
Últimas denuncias
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »