O peor Arenteiro da tempada cae en Talavera

15, Febreiro 2026

Irreconocible, sen paliativos, o peor Arenteiro da tempada, o que poidemos ver neste partido da xornada 24 da Primeira RFEF no estadio "El Prado" de Talavera de la Reina.

Unha primeira parte na que o Arenteiro estaba incomprensiblemente metido atrás, sen sair do seu propio medio campo, cedendo todo o protagonismo ao equipo manchego, que foi moi superior. O mellor era o resultado, empate sen goles.

Na segunda metade, o Talavera marcou na primeira ocasión que tivo e logo marcou o segundo, e pudo marcar máis. Xa co tempo de desconto un gol en propia meta dos locais puxo o definitivo 2-1 no marcador, e alomenos deixa o golaveraxe empatado. Menos é nada. Tan so 5 puntos conseguidos de 21 posibles neste ano 2026 son números inequívocos de descenso,toca espabilar, e antes de que sexa máis tarde.

Cronica do partido en La Tribuna de Talavera: https://www.latribunadetalavera.es/noticia/z0f8d2654-10dd-43e3-9c44c59bd...

Cronica do partido en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2026/02/16/arenteiro-ofrec...