Abusos da hostalería da rúa principal
Nestes tempos que corren nas que as pulgas fan das súas en diversos barrios do Carballiño picando a propios e estraños e nos que un polbo xigante e radioactivo semella terse apoderado da casa do concello os hostaleiros da rúa principal seguen, outro verán máis, a cometer diversos abusos os que, lamentablemente, nos teñen afeitos ao chegar o período estival.
Parece que dende o concello trataron de regular a situación das terrazas do Carballiño obrigando aos estabelecementos hostaleiros a colocar un cartel informado do número de mesas coas que contan as súas terrazas, sen embargo, algúns hostaleiros desobedeceron esta obriga, xa que se negaron a poñer o devandito cartel, pero, por desgraza, esta non é a única obriga que se incumpren, pois certos estabelecementos dedícanse a incumprir, descaradamente, os horarios de peche permanecendo abertos ata as tres da madrugada de luns a venres. Se ben houbo algún día nos que un destes estabelecemento estivo aberto, nada menos, que ata as cinco da madrugada.
Certo é que que en verán aos estabelecementos de hostalería se lles permite pechar máis tarde, pero o que están facendo certos hostaleiros é un abuso. ¡¡Ven se ve que a algúns as normas lles traen sen coidado!!!. Desafortunadamente, este problema ven de longo sen que dende o concello se faga nada para cortar este problema de raíz. O que habería que facer, se houbera vontade, era obrigar a tódolos establecementos de hostalaría a colocar nun lugar ben visible o cartel co número de mesas das que dispón e se colocan máis mesas das que solicitan multalos e en caso de reincidir pagar unha multa e retirarlles a licenza de terraza de inmediato. En canto ao incumprimento de horarios a policía municipal ou o concello deberían elevar un expediente sancionador ao subdelegado do goberno ou a quen corresponda para que actuara en consecuencia.
Lamentablemente isto non pasará porque ao actual alcalde só lle quedan dous anos de mandato e os do PP cun ano de mandato tampouco farán nada por poñer fin a estes abusos salvo que fagan coa alcaldía nas vindeiras eleccións municipais. Mentres tanto teremos que seguir aguantando os abusos dos hostaleiros da rúa principal esperando que as pulgas obriguen a estes estabelecementos a cumprir coas súas obrigas. ¡¡Isto non pasa nin en Uruguay, nin en Tumbuctú, nin en Bombay, nin en Paraguay, nin nas illas tropiciais do Océano Pacífico!! ¡¡Isto só pasa no Carballiño!!. Eche o que hai.