Aclarar o dos politiquiños
Quixera aclarar un pouco o que o venres o noso compañeiro e portavoz de Av-son Bernardo García tivo a ben explicar no programa a tertulia da cope, e que parece ser que ou ben nos se entendeu ou as aclaracións feitas por el despois do pleno celebrado o dia anterior non foron suficientes para algunha parte da veciñanza do Carballiño. Son Manuel Nogueira co-voceiro de en Marea comarcal e integrante e compañeiro de Av-son. Primeiramente a moción que presentamos o xoves no pleno sobre a laicidade do concello non ten como obxeto discriminar unha ou outra relixión e moito menos a xente que a practica. A nosa moción defende unha idea que ven recollida na constitución española no artigo 16 e que defende a liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto da xente e das comunidades sen máis limitación nas súas manifestacións que as necesarias para manter a orde público protexido pola lei. Partindo desto parecenos moi normal que haxa e se dea unha diferenciación de poderes. E para que sirva de exemplo: que o alcalde a título individual pode procesar a relixión que lle apetezca, pero cando fala no nome da veciñanza do Carballiño ou cando é invitado como autoridade a actos de índole ou culto relixioso a nos non nos parece adecuado que acuda a ditos actos como tal : o representante dunha institución pública. ese era a primeira proposta nosa. Que se desvincule o poder relixioso do poder administrativo-executivo das diferentes administracións, neste caso do concello do alcalde e os seus concellais. Repito a nivel persoal parécenos ben que cada un defenda o seu culto pero como representante dunha administraciónpública e como cargo público hai que manter un protocolo neutral.
Con respeto o punto tres de dito artigo 16 : "ningunha confesión terá carácter estatal", o noso entender está claro o que defende e o que todas debemos defender. Unhas institucións totalmente laicas, e o decir laicas referímonos o non dar preferencia a uns cultos relixiosos frente a outros. Sen discriminacións. Non negamos que se hai unha visita dun arzobispo, dun papa, dun sanerdin, un saferdita o un imán (sexao caso que sexa) non se lle teña que dar audición...todo o contrario. O alcalde e o concello teñen que ter unha metalidade aberta a todalas relixións e cultos que respeten o ideal e a moral humana. Agora eso si o que pretendemos dende AV_son e en Marea comarca e que ese trato sexa neutral e de respeto hacia todos, sin dar preferencia a ningún culto nin a ningunha relixión e menos pondo a súa disposición edificios administrativos nin cargos que fefendan e practiquen dito culto.
A práctica dun culto relixioso é algo personal entendemos, algo de índole privado que no podemos que en pleno ano 2017 se repita o que se viña dando ata a época da transición: un favoritismo fronte o catolicismo rancio e corruptibel que fai que a nosa sociedade se estanque en canto a defensa da carta dos dereitos humanos, por que se a iglesia ten feito moito pola humanidade tamén é certo que os feitos máis aberrantes e as gerras máis sanguinarias teñen tido como intermediaría a santa sede.
Eso xa é outro tema, que non ven o caso nin interesa sacar aquí. Como dixen defendemos a pluralidade relixiosa, ideolóxica e de culto. Pero a hora de que as institucións, as AA.PP (administracións públicas) e os seus representantes actúan como tales deben acollerse o artigo 16.3 de aconfesionalidade de carácter estatal por parte das institucións. Eso é o que defendemos, e o que o noso portavoz presentou neste xoves na moción. Nin Bernardo da clases de liberdade relixiosa nin política nin nos parece que esta sexa unha moción para despreciar. O igual que o título da denuncia que veño a criticar con título: politiquiños. Os tertulianos fan un traballo inmellorable, teñen as súas ideas e defendenas sempre dende o respeto e dende a pluralidade ideolóxica e o respeto a democracia. Fan moi ben a súa labor, o igual que a maioría dos políticos do noso pais (ollo!!!non todos...) Que sería de nos sen un orde político?? Unha dictadura??Unha anarquía?? Que defendemos logo?? A esto é o que temos que contestar de maneira sinxela antes de criticar a quen de maneira desinteresada e altruista defende certos intereses e os argumenta dunha maneira educada e con criterio. Gracias a todos e todas polo voso apoio e participación.
Manuel Nogueira co-voceiro de en Marea comarcal e integrante de Alternativa Veciñal de O Carballiño