Aclarar termos e iniciativas
Un saudo a todas e todos os que seguides dunha maneira máis ou menos directa a política municipal e os entresixos que se veñen dando.Son Manuel Nogueira, covoceiro de En Marea Comarcal e integrante de Alternativa Veciñal do Carballiño. Escribo estas liñas coa única intención de aclarar as iniciativas que se teñen presentado como mocións e que moi xustamente e cunha labor fora de todo lugar defende o noso voceiro municipal, Bernardo García. O primeiro aclarar que nin Alternativa Veciñal, nin en Marea comarcas do Carballiño son solo Bernardo e a súa opinión como moitos pensan. Tanto AV como en Marea comarcal está formado por máis xente que nos reunimos en asambleas abertas a veciñanza e na que todas e todos poden participar e que convocamos semanalmente. O que se aproba en ditas asambleas é o que despois de depurar e levar a términos un pouco máis técnicos, o noso voceiro o sr. García presenta nos plenos como mocións. Nada máis sinxelo que eso. É decir, nin él presenta mocións que non aprobemos nas asambleas nin se presentan temas de índole persoal. Segundamente gustariame recordarlle tanto a entendidos como a iniciados nesto da política que AV naceu como unha xuntanza de veciños que non estaban nin están de acordo co que se está dando no ámbito da política municipal deste concello, que co reforzo institucional de en Marea fai que os intereses da veciñanza se vexan reflectados tanto no que defendemos a nivel municipal como a nivel autonómico. Non obedecemos a ningunha clase xeralquica nin temos que dar contas a bancos nin a empresas. So a veciñanza que son quenes nos respaldan e os que defendemos e representamos moi gostosamente.Terceiro: as iniciativas e mocións que presenta AV e en Marea so buscan mellorar os servicios para os /as habitantes e veciños/as do Carballiño e abaratar os custes dos mesmos, e decir REMUNICIPALIZAR. Nada de privatizacións nin cesións a empresas terceiras que en vez de buscar o ben común so buscan sacar beneficios para eles mesmos. Por cuarto e xa por último: representamos e defendemos toda iniciativa que sexa beneficiosa para o Carballiño e para a súa veciñanza. Danos igual quen nola propoña. Se é bo para o Carballiño e para a súa xente, pola nosa parte vai ter todo o noso respaldo e aprobación. Esa é a folla de ruta e os ideais que defenden tanto Alternativa Veciñal como En Marea comarca do Carballiño. Defender os intereses da xente e loitar polos seus dereitos e por mellorar os servicios que as administracións públicas lles poden prestar e que pagamos cos cartos de todas nos. Criticar por criticar como fan algúns pode valer para facer fume. Agora, que nos seguiremos a traballar deste xeito: QUE NINGUEN O POÑA EN DUDA.
Manuel Nogueira, covoceiro de en Marea comarcal e integrante de Alternativa Veciñal.