A Agrupación Socialista do Carballiño denuncia o abandono das zonas verdes

11, Agosto 2012

Na semana grande do Carballiño, o Grupo de Goberno e a concellería de medio ambiente teñen abandoadas moitas zonas verdes do noso municipio en nun estado deplorable que chama a atención da xente que nos visita nestas datas do mes de agosto. Tendo en conta que este domingo celébrase a Festa do Pulpo, e mentres o alcalde do noso Concello ven de gastar parte do presuposto en alumeados decorativos e outras iniciativas que pretenden engalanar o centro do pobo, non se entende que as principais entradas da nosa vila estean invadidas pola maleza. Neste sentido, tampouco se entende que o paseo do río Arenteiro pareza unha selva por prácticamente todo o seu percorrido, polo que os usuarios deste sendeiro xa fixeron ver o seu malestar e preocupación pola imaxe que se está a dar nun dos lugares máis emblemáticos do noso pobo. Ocorre o mesmo en espacios como o Cuco e ata algunhas zonas do Parque Municipal onde se vai desenvolver a festa o vindeiro domingo. Un exemplo vémelo no que era o antigo Centro Comarcal, a carón da N-541 e principal punto de acceso á vila, onde a maleza invade todo o espacio, por non falar do entorno do Pabellón dos Deportes e Piscina municipais.

 

            E si o casco urbán está abandoado a súa sorte, nin que decir ten que as nosas parroquias e núcleos do rural están a intensificar o seu malestar con motivo da inexistente política medio ambiental e de limpeza. A estas alturas do mes de agosto son multitude de emprazamentos e áreas verdes do noso rural que aínda non foron visitadas por esta concellería. Deste xeito as asociacións veciñais están a facer público súa preocupación debido a desidia do alcalde e grupo de goberno que non antenden as primeiras necesidades dos veciños das nosas parroquias. Un exemplo de todo isto é que a concellería de deportes deseñou unha ruta de sendeirismo con motivo da festa do pulpo onde case todo o traxecto discorre polo concello de Boborás, xa que a ruta dos arrieiros e outros itinerarios que trancorren polo Carballiño atópanse totalmente intransitables para os sendeiristas.

 

            Deste xeito, dende a agrupación local do PSdeG-PSOE denunciamos o estado de abandono no que se atopan moitas zonas do Carballiño e instamos ó alcalde do Carballiño a atender as demandas dos nosos veciños. Así mesmo, lamentamos que nesta semana da Festa do Pulpo moitos visitantes leven unha imaxe negativa deste pobo por culpa da inexistencia dunha programación de limpeza dentro da concellería de medio ambiente.