As alcaldesas do Irixo e a súa irresponsabilidade

2, Maio 2024

 

O máis grave deste día é que para que as "alcaldesas" tivesen a foto que querían, sacaron aos nenos das clases extraescolares do colexio sen autorización asinada polos pais, andando ata a praza e regálanlles libros rotos para desfacerse deles (Palabras textuais dun concelleiro). Indescritible.

Pero seguimos.

Houbo nenos que non querían ir, e así o expresaron, pero había ordes de "as alcaldesas" de ir todos e leváronos, sen autorización asinada polos pais, obrigados á praza.

E por certo, a que pais chamaron por teléfono para pedirlles autorización? Por que ao meu NON.

¿odo por unha foto? Señores do concello, os nenos non son da súa propiedade. Non poden decidir por eles e polos seus pais o ir a unha actividade.

¿Saben en que delito incorreron? Pois que llo explique o seu socio Iago, que pola miña banda tomarei as medidas oportunas.

E claro, todo isto para non ir á Insua dous Poetas cos nenos, pero as "alcadesas" si que foron. Que vergoña.