Alegacións do Grupo Municipal Socialista ao expediente de ordenanzas fiscais para o 2013 no concello do Carballiño

14, Decembro 2012

Dende o Grupo Municipal Socialista no Concello do Carballiño en base ao disposto no artigo 17 do TRLFL aprobado polo R.D.Lexislativo 2/2004 do 5 de Marzo, polo que o expediente de Ordenanzas Fiscais para o 2013 require para a súa tramitación a exposición pública das mesmas durante 30 días no B.O.P. para que se poidan interpor as reclamacións ás mesmas que así se consideren; efectivamente e en dereito,solicitamos teñan en conta as seguintes ALEGACIÓNS ao mencionado expediente levado a Pleno o 16 de Novembro de 2012 e publicado o 17 do mesmo mes e ano.

 A primeira e máis importante alegación que o noso Grupo desexa formular é que, dadas as circunstancias económicas polas que están a pasar moitas familias no noso Concello, consideramos que , a pesares de que o Goberno Municipal aprobara en sesión plenaria do 30 de Marzo de 2012 o Plan de Axuste municipal para 2012-2022 ao que o noso grupo votou en contra; teña a ben considerar as difíciles condicións económicas que sofren os cidadáns e se estableza a conxelación das seguintes taxas que xa sufriran unha suba considerable nas anteriores Ordenanzas Fiscais para 2012 , no que xa se aplicara o citado Plan de Axuste:

 A conxelación da Ordenanza fiscal nº 21 reguladora do I.B.I ; xa establecida nun 0.5%  e a paralización da súa modificación para a aplicación dun tipo impositivo do 0.6% para I.B.I. urbana. Ademais pérdese a bonificación do 3% , pasando a 1.5% por domicialición de recibos. SOLICITAMOS que se manteña o establecido conforme á Ordenanza Xeral de 2012. E por suposto a bonificación do 3% en todas as domiciliacións de taxas públicas.

 A conxelación/moderación na/ da Taxa pola prestación do servizo de conservatorio e escola de música, ás que se lle quere aplicar un 20% sobre as tarifas xa establecidas e que,a todas luces, xa eran excesivas en concepto de carga para as familias ( para 2012 establecíase unha taxa de 300, 40 € para a matricula ordinaria en grao elemental no Conservatorio, por exemplo, pasando a 360,48 € e no caso da Escola de Música, de 135,10 € en matrícula ordinaria a 162,12 €).

Ademais, de conformidade co RD 2/2004 do 5 de Marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora de facendas locais, que no seu artigo 24.4 dispón que para a  determinación da contía das taxas poderán terse en conta criterios xenéricos de capacidade económica dos suxeitos obrigados a satisfacelas, bonificaríanse as tarifas no suposto seguinte:  Os matriculados membros de familias numerosas , reducción das taxas nun 20%; solicitamos que en base á filosofía detallada anteriormente, os supostos poidan ser extendidos a aquelas familias que, xustificando adecuadamente a súa situación económica, teñan dificultades no momento actual para poder facer fronte ás mesmas e poidan beneficiarse desta deducción nas taxas do Conservatorio e Escola de Música.

  • No tocante ás tarifas da Ordenanza Fiscal nº4 reguladora da Taxa por utilización de casas de baño, duchas, piscinas, instalacións deportivas e outros servizos análogos aos que se lle aplica unha suba do 15% anual sobre as tarifas actualmente en vigor para as matrículas en actividades deportivas e do 8% por utilización das citadas instalacións, aplicando os criterios anteriormente explicados de ter en conta a capacidade económica dos suxeitos obrigados a satisfacelas, solicitamos a conxelación destes prezos públicos en virtude de non dificultar o acceso a estes servizos municipais por parte das familias do noso Concello.
  • No que se refire  á Ordenanza Fiscal º13 reguladora da Taxa por licenzas urbanísticas e pola que se establece unha suba do 2.5% sobre o recadado, o que require o establecemento dun tipo impositivo do 0.26% para obras maiores e do 0.21% para obras menores; solicitamos que se teña en conta o delicado momento de crise que sofre o sector da construcción e do emprego que este xera no noso Concello e se proceda á conxelación das taxas xa establecidas para poder fomentar o inicio e/ou continuación de obras no Carballiño. Así mesmo, pregamos teñan a ben , explicar nesta Ordenanza nº 13, reguladora da Taxa por licenzas urbanísticas, a figura da cota establecida para licenzas por acometidas de auga e sumidoiros que pasaría a ser de 10 Euros , o que establecería unha taxa de nova creación.

 No tocante á Ordenanza Fiscal nº 22, reguladora do ICIO, o Plan de axuste establece unha suba do 1.5% anual sobre o recadado, o que requería un tipo impositivo do 2.03% e se opta polo establecemento dunha tarifa do 2.06% para instalacións e obras urbanas e do 2.03% para solo rural e rústico; solicitamos que se proceda á conxelación/ moderación nas mesmas en virtude da importancia que, sempre pero máxime nestes intres, teñen as iniciativas empresariais que se poidan levar a cabo no Carballiño e na súa capacidade para xerar emprego. Asi mesmo, en virtude do disposto no artigo 24.5 da Ordenanza Xeral , que se refire ás Bonificacións potestativas conforme ao disposto no artigo 103.2 do R.D.L. 2/2004 ,  polo que se establecen os supostos suxeitos a bonificación e que xa foron aplicados por este Goberno Municipal no pasado ano; solicitamos que se estude a posibilidade de extender estas bonificacións a calquer emprendedor/a da nosa vila que queira iniciar unha nova actividade empresarial e , mesmo a aqueles, que por mor de conquerir melloras nas súas empresas garantan a creación ou continuidade de postos de traballo, dadas as actuais condicións adversas para a creación de emprego no noso Concello. Dentro da nosa proposta, facemos constar que sería desexable un control posterior do cumplimento efectivo dos requisitos que son necesarios para obter esta exección. Estimamos que, a porcentaxe de bonificación podería ser proporcional ao número de traballadores que sexan contratados e á duración dos contratos. Consideramos que, tal  como establece o mencionado artigo 24.5 da O.X. no seu punto a), o momento do emprego actual xustifica sobradamente a declaración da bonificación do ICIO.

Ademais ,solicitamos que, ante as queixas recibidas, revisen e modifiquen a Ordenanza nº 5 que regula a taxa por Vados e reservas de vía pública para aparcamento , carga e descarga e outras actividades en interese particular , que xera unha taxa certamente abusiva para aqueles veciños/as que desexen ter unha entrada habilitada de carruaxes sen necesidade de solicitar un vado, polo que solicitamos que se manteña a taxa establecida para este suposto en 2011 que era de 28.90 Euros, pasando a 62.87 nestes momentos e aclaren ante os/as veciños/as a confusión xerada polo establecemento da mencionada taxa.

Xa, dun xeito puntual , consideramos e propomos unha serie de puntualizacións específicas a determinadas Ordenanzas, sempre procurando o interese das finanzas municipais e dos veciños e veciñas. Así, no tocante á Ordenanza reguladora da Taxa de Documentos que expida ou estenda a Administración ou as autoridades municipais, a instancia de parte; no epígrafe 6 relativo aos informes do departamento de tráfico e policía local recóllese no estudo económico un custo  de elaboración de ditos informes que , para o caso  de “Expedición de informes sobre intervencións ou actuacións  da policía local a petición de interesad@” de 42’75 euros e para o caso de “Expedición de informes relativos a accidentes de circulación pola policía local” estimase un custo de 103’85 por informe.

Nas taxas propostas recóllese una taxa de 8’69 euros para o primeiro informe e de 82,72 para o segundo.

Trátase dun novo imposto establecido nas ordenanzas vixentes (2012), como ben se sinala no informe de intervención: “Na ordenanza fiscal nº 1 reguladora da taxa por expedición de documentos se introduce a taxa por expedición de informes do Departamento de tráfico e policía local que se acompaña do correspondente estudo económico no que se pon de manifesto a previsible cobertura do custe do servizo de conformidade co disposto no artigo 25 do RD. Lex. De 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais”

            Visto o estudo económico presentado e a proposta de taxas elaborada, de onde se desprende que non cobren os gastos reflectidos no estudo económico, consideramos que pode  entrar en conflicto co art. 44 do RD lex. 2/2004, de 5 de marzo, que literalmente dí:

  • el importe de los precios públicos deberá cubrir como mínimo el coste del servicio prestado o de la actividad realizada.
  • Cuando existan razones sociales, benéficas, culturales o de interés público que así lo aconsejen, la entidad podrá fijar precios públicos por debajo del margen previsto en el apartado anterior. En estos casos deberán consignarse en los presupuestos de la entidad las dotaciones oportunas para la cobertura de la diferencia resultante si la hubiera.”. 
  • Independentemente que sexa posible que as taxas podan ser inferiores aos custos dos servizos prestados, a nosa proposta vai encamiñada a xustificar convenientemente, nas ordenanzas fiscais do 2013, as razón sociais, benéficas, culturais ou de interese público para poder xustificar este servizo por debaixo do custe estimado.

    Con carácter xeral e tal e como establece a Informe de Intervención que acompaña ao Expediente de Ordenanzas Fiscais para 2013 , para aquelas ordenanzas reguladoras de taxas que non se estableceron medidas especiais no Plan de Axuste 2012-2022; propónse para a suba das cotas das mesmas, a aplicación do último IPC interanual (mes de setembro) do 3,4% , aprobado e feito público polo INE; ante o cal o Grupo Municipal Socialista propón que se estableza , en todo caso, a aplicación do IPC de novembro aplicado á suba das pensións que foi do 2.9% de tipo medio e do 1% nalgúns casos. Se a revalorización das pensións nin xiquera acada o tanto por cen do IPC real , prodúcese unha seria desviación entre a capacidade real dos cidadáns e a acción recadatoria da Administración pública. No caso anteriormente sinalado da Ordenanza reguladora da Taxa por documentos que expida ou estenda a Admón ou as autoridades municipais, aplícase esta suba en función do IPC de setembro sobre as cuantías establecidas nas Ordenanzas de 2012, polo que solicitamos que ou ben conxelen as taxas ou moderen a súa suba en función do IPC de Novembro , tal e como antes mencionamos.

     Do mesmo xeito , respecto ao Prezo público do servizo de atención á atención á infancia fora do horario lectivo que se correspondería coa Ordenanza nº 30, das ordenanzas de 2012, reguladora da taxa por prestación do servizo de conciliación da vida familiar e laboral; entendendo que as modificacións da taxa non se incorporan a este expediente de Ordenanzas para 2013, posto que é competencia da Xunta de Goberno Local para o establecemento das modificacións na mesma; informásenos de que se da lugar a un incremento nos ingresos do 1,5% anual segundo o Plan de Axuste Municipal para 2012-2022, o que suporía unha suba no custo para as familias. Polo que, solicitamos que apliquen, en todo caso, a moderación do custo en base ao explicado anteriormente, aplicando a suba do IPC de Novembro ou a conxelación das mesmas. Tal e como sinalamos nas alegacións para as Ordenanzas de 2012 , somos conscientes de que esta ordenanza, que sustitue a reguladora do prezo público pola prestación do servizo de familia madrugadora, vai acompañada dun estudo económico no que se desprende que este servizo resulta deficitario, existindo no orzamento municipal consignación suficiente para a cobertura da diferencia en base ao artigo 44 do RD lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, que dispón o seguinte:

    1. el importe de los precios públicos deberá cubrir como mínimo el coste del servicio prestado o de la actividad realizada.

    2. Cuando existan razones sociales, benéficas, culturales o de interés público que así lo aconsejen, la entidad podrá fijar precios públicos por debajo del margen previsto en el apartado anterior. En estos casos deberán consignarse en los presupuestos de la entidad las dotaciones oportunas para la cobertura de la diferencia resultante si la hubiera.”. 

                Neste caso contémplase a dereito a redución  total no prezo público nos seguintes casos:

    1. Casos de emerxencia social acreditados polos servizos sociais do concello do Carballiño.

    2. Unidades familiares cunha renda per cápita inferior ao 25% do IPREM anual do exercicio ao que corresponda a declaración do IRPF.

    Esta redución pode elevarse ata o 50% naquelas familias que a súa renda per cápita oscile entre o 25% e o 50% do IPREM (indicador público de renda de efectos múltiples), sendo do 25% cando a economía familiar ten unha renda per cápita que oscila entre o 50% e o 75% do IPREM

    Dende o grupo municipal socialista consideramos que estas reducións, e incluso a gratuidade total do servizo, debe beneficiar a todas aquelas familias que atravesen dificultades económicas na actualidade, posto que moitas poden presentar dados mellores atendendo a declaración do IRPF do ano anterior e na actualidade estar atravesando verdadeiros problemas económicos dada a velocidade e profundidade da crise económica que afecta ao noso concello.

     Asdo: Grupo Municipal do PSdG do Concello do Carballiño.