Ao alcalde de Punxín
Solo para que se fagan unha idea dos perigos de votar a un
descoñecido solo porque o presenta un partido "famoso". Aprobouse crear unha
comisión para anular o contrato con Aquagest con o voto en contra do alcalde
e os votos a favor de dous concelleiros do PP. Nótase que chamou correndo á
deputación e alí argallaron de facer un "acordo" aparte mediante o que se
lle "regalan" 120.000 Euros a Aquagest para rescindir o contrato. Chamados á
orden os concelleiros díscolos tiveron que aprobar este segundo acrodo que
deixaba en nada o primeiro que outorgaba o dereito de negociar a rescisión
do contrato a esa comisión que se debería crear. Ou sexa, os acordos
plenarios solo lle serven cando lle interesa. Non contento con eso e co gallo
de seguri exprimindo aos veciños agora "inventa" e le va a pleno unha nova
privatización do servicio de agua e saneamento, eso a pesar de que tódolos
veciños, a comisión da auga e a oposición reclaman que se deixe de
inventar "concesións", que nos rouban os cartos, e que o servicio sexa
prestado polo porpio concello. Como resulta que hai concellieros do PP que
son escravos dos "postos de traballo" que seus familiares teñen na
deputación, están obrigados, non solo a se presentar nas listas do PP como
a votar en contra dos intereses dos veciños, e así aproban o que a
deputación lles manda. Para que o nivel deste persoeiro quede ainda mais
claro, resulta que, estes días, manda unha brigada con tractor,
desbrozadoras e "sopradoras" as aldeas PARA CORTAR A HERBA. Herba que nesta
época pouco ten que cortar. Eso si mandáronselle diversos escritos pedindo
que mande retirar os entullos e o lixo que se amorea na beira das pistas mais
recónditas do concello, onde moitos malnacidos deixan lixo e refugallos,
pero eso parece que lle da mito traballo ou o considera innecesario. Debe ser
mellor ter aos traballadores cortando unha herba que non hai e destruindo a
desbrozadora contra as pedras das cunetas. Un monte de carne con dous ollos
que debe pensar que vai chegar a ministro e recibir sobres desde Génova por
vender aos veciños e axudar a quen nos leva os cartos para eles vivir ben.