Aos grupos políticos do concello do Irixo

13, Novembro 2024

Eu, persoa veciña do Irixo de toda a vida, votei cambio, pero non votei a Xuntos precisamente por Juan Manuel, nada persoal, só por falta de coherencia e bo-rollismo co (ou dependencia do?) PP, que estas cousas víanse vir (Tamara, Susana...).

Con descoñecemento da persoa, logo de ver a oposición que lle fixo ó PP, votei a ó PSdG, é dicir: Iago gañou o meu voto co seu traballo e ca lista que presentou.

Votei PSdG, como podía haber votado Xuntos Polo Irixo, pero a quen NON votei foi ó PP.
Nin eu, nin a maioría da veciñanza: os máis votados, si, pero menos da metade: o 43,7% dos votos foron ó PP, e iso non é maioría, así que deixarse de lerias: ninguén é dono de ningún sillón, os veciños votamos e facemos un préstamo de 4 anos.

Considero que moitos no PP buscan só promoción persoal, algúns outros pasar o tempo, débense aburrir na casa, e como todo o día tampouco se pode estar no bar, deciden meterse en política -como tamén podían irse de viaxe, a un campeonato de tute ou meterse a YouTubers contanto interesantes historias, e iso seguro o farían con máis ánimo, ánimo que eu non vexo en axudar á veciñanza, á vista queda o resultado electoral.

En parte por iso, o Irixo foi morrendo, caendo a poboación, a xente véndose forzada a emigrar -mirade a idade media no 2023 era de 60,1 anos, segundo o Instituto Galego de Estatística.

Neste sentido, Susana, Iago, Rosa e Tamara estiveron a facer un moito mellor traballo ata o de agora -incluso, aparentemente, sen entendérense, e a pesares de tódolos pefís falsos nas redes sociáis botando lixo sobre TODOS eles.

Se fora certo que se planea nas sombras unha moción apoiada polo PSdG, teñan en conta isto: seguramente a maioría dos votantes dele consideramos unha baixeza e unha traición usar os nosos voto para por ó PP no poder, traición ó votante, e ó traballo de Iago na oposición, e un golpe ó bo ambiente que hai no Irixo, que o hai, como di Sussana. Sería a última vez que se votaría ó PSdG.

Así, esíxovos ós que estades e ides estar no PSdG e Xuntos respectar o acordo asinado entre os vosos grupos (aínda que gobernedes en minoría, non pasa nada): con profesionalidade, moderados por un terceiro de ser preciso, falade, negociade, se non dan acordado entre duas posturas, pois elixir cara, cruz, e botar unha moeda ó aire (e isto non é frívolo, faise en moitos sitios polo mundo), pero seguir adiante e que se tomen decisións claras e consensuadas.

Avisados quedades, especialmente o PSdG.