Apoio á directiva do Cineclube
Son un asiduo do cineclube do Carballiño. Moi mal a decisión do Sr Concelleiro de Cultura de non respetar o horario pra esta actividade , que practicamente se desenrola no inverno.
Contraprogramar sen ter en conta a opinión da xente que desinteresadamente traballa pra traer bon cine ao Carballiño e do público que aisiste a estas funcións , é un acto , cando menos ,de prepotencia.
Que un día haxa algún evento trascendente que sexa estrictamente necesario celebralo no Auditorio , todos o entendemos .Mais non é xustificable que se pretenda reducir a unha vez ao mes.
Principalmente cando non hai outro espazo que ofrezca as caracteríscas do Auditorio en calidade de pantalla ,medios de emisión e butacas.Esperemos que o Sr. Concelleiro rectifique, do contrario teremos que movilizarnos.