Asfaltado da rúa Aquilino Sánchez

14, Decembro 2012

Gustariame que a quen corresponda pase a ver que ben quedou a rua 
Aquilino Sanchez recien asfaltada. Despois dun primeiro arranxo e como quedou 
tan ben que case que o dia seguinte xa se notaban os mesmos baches boltaron a 
facer un segundo, pero como calquera pode pasar a comprobar nin o primeiro 
nin o segundo arranxo fixeron nada por que seguimos tendo os mesmos baches 
nos mesmos sitios que estaban antes de facer ningun arranxo. Non sei canto 
cobrou a empresa que o fixo pero dende logo o que lle pagou pode estar 
contento por que deixou todo tal como estaba. Eu pregaria que o concelleiro 
que corresponda pase e comprobe a ver que lle parece.