Asi andan as cousas por Piñor

15, Febreiro 2011

En Piñor estase cocendo unha campaña electoral espectacular, anímovos a 
que estedes todos moi atentos.
Temos espionaxe, xa que o Concello está vixiando casa por casa a algunhas 
persoas si realmente están alí ou están no cuarto de baño facendo as 
súas necesidades fisiolóxicas (supoño que será para saber si funciona o 
depósito da auga de Carballeda e da abasto a toda a poboación do concello, 
ademáis recomendo a todo aquel que tente rehabilitar unha casa en Piñor, e 
non sexa do PSOE, teña moito coidado con abrir unha ventana de máis ou 
botar unha ringleira a maiores de ladrillo xa que pode caer todo o peso da 
lei sobre él.
Temos traición, onde aquí o PARTIDO POPULAR lévase a medalla de ouro xa 
que de golpe e plumazo e nunha única reunión cambian o candidato sen previo 
aviso, a iso si que se lle chama humanidade e ter un proxecto serio para o 
pobo.
Aínda menos mal que hai algo de esperanza no BLOQUE que está demostrando 
traballo silencioso, humildade e coherencia espero que non nos sorprendan.