Bases de contratación dos brigadistas
Dende o BNG do Carballiño queremos mostrar o noso rexeitamento polas bases
específicas que rexen a contratación da brigada de extinción de incendios
forestais, xa que impón unhas taxas totalmente abusivas para un traballo de
tan curta duración, dando a impresión que o Concello quere recaudar dos
parados e onde unha vez máis e lamentablemente a entrevista persoal vai ter
un peso especial a hora de contratar aos traballadores siginificando esto
unha total opacidade e falla de obxectividade e de transparencia a hora da
contratación dos recursos humanos do Concello.