Basta xa, unha retirada a tempo é unha victoria
Señor Alcalde de Maside BASTA XA, ou dígolle algo que seguro lle resultará mais coñecido: NUNCA MAIS, pero é que nunca mais volva a promover a instalación dunha INCINERADORA de calquera cousa no meu querido Concello de Maside.
Todos os que vivimos en Maside estamos vivindo de prestado, é un legado que recibimos e que debemos pasar aos nosos fillos, vostede tamén Sr. Alcalde, así que non encha de merda tóxica o aire e o chan, non contamine os manantiales, non arruíne o seu entorno natural, non ataque a saúde e a vida dun pobo que de momento e grazas a Deus, non tivo ningún iluminado que o intentara cambiar como pretende facer vostede xa en dúas ocasións, e menos pensando facelo en montes comunais como se foran chans industriais.
Empézanos a dar que pensar, que todas as súas actuacións públicas, sempre van dirixidas no senso de instalar a MERDA da Incineración co fin de vendela os da súa correa como postos de traballo que consigue, iso si sempre coa finalidade do pleno emprego.
Digo eu que haberá outras empresas, supermercados, talleres, almacéns, etc... que tamén poderían vir a Maside, non digo o Corte Inglés, non digo o Alcampo non digo o Decathlon, non digo o Leroy-Merlin, pero coño todo o que vostede quere traer son cousas que son unha BASURA, que contamina, que prexudica a saúde, vamos empresas que no nas quere naide en ningún sitio.
Xa sabe o lema de busque e atope algo mellor e seguro que os veciños de Maside cómprallo.
Outra cousa ligado ao anterior, vostede de verdade se cree todo o que di nos medios de comunicación ou podémonos supoñer que son as típicas promesas dos políticos que teñen nas súas cabezas co ánimo de quedar sempre ben.
Porque entre as promesas que fai están as de traer un supermercado, unha urbanización de vivendas, e supoño que unha chea de promesas imposibles mais.
Vostede de verdade se cree que como se instale a fábrica de INCINERACIÓN en Maside se van a levar a cabo esas promesas que di. NON LLO CREE NAIDE vamos nin vostede mesmo, sé é un pouco intelixente, cousa que empezamos a dubidar.
Os supermercados fan estudos de mercado e mire que eu recorde, non hai ningún ao carón dunha fábrica de incineración. E logo falando das vivendas, que pensa que a xente é tonta ou que, se hai un foco de contaminación tan prexudicial para a saúde preto da súa posible vivenda, cree de verdade que a van a mercar, está tolo.
Despois do comentado só lle pedimos que sente a cabeza e diga ¡BASTA XA! chegou NUNCA MAIS.
Seguimos pensando que unha retirada tempo é unha VITORIA, para vostede e para todos os veciños de Maside.