BENVIDO PAUL O CARBALLIÑO
Queridos veciños do Carballiño:
Témonos que sentir privilexiados porque o noso excelente alcalde vai ir a
Alemaña para intentar traer ó "adiviño"polvo Paul;¿non é unha boa nova?.
Imaxinémosnos que se chega a facer realidade ésta iniciativa, ésto faría
que víñesen milleiros de visitantes para vir a "Festa do pulpo", coñercer
a Paul, e de paso porqué non a nosa vila. Qué orgullosos nos imos a sentir
cando todos éstes visitantes vexan :
- A Igrexa Veracruz cun fermoso muro onda o cál podrán facer unhas boas
instántaneas para o recordo do seu paso por aquí.
- Ó espectacular cor e diseño da praza da Casa da Cultura.
- Ás perfectas pintadas dos comerciantes polo chan das rúas máis
céntricas.
- O magnífico acceso ó Carballiño pola rúa Ourense cunha estrada en
lamentable situación.
E qué ledicia poder ver que os turistas se van de volta cara o seu fogar
levando un gran recordo... Un gran recordo, voltando as súas casas nun
cómodo taxi, porque tiveron a bóa sorte de pasar por enriba das decenas de
alcantarillas fundidas e buracos da rúa; ou de coñecer de balde o Complexo
hospitalario de Ourense por ter que ir pola estrada, xa que as beirarrúas
son para as terrazas dos bares.
Por todas éstas cousas e moitas máis síntome con moito orgullo e
satisfación de que:
- O nóso alcalde pense en traer a moita xente a coñecer O Carballiño, e
mostrarlle que non necesitamos melloras, que aquí todo está perfecto.
- Que somos unha vila de ricos que podemos gastar os cartos traendo a un
cefalópodo,porque xustamente aquí non vimos na nosa vida un.
- E que si finalmente non ven, o gasto da viaxe a Alemaña foi unha boa
inversión, porque temos un alcalde que nos ten "moi contentiños" a todos e
merécese que lle paguemos uns diiñas de relax(que o pobre xa ten traballado
moito!).
A VER SI Ó SEÑOR MONTES E TODOS OS DEMÁIS DIRIXENTES DA NOSA VILA SE LLES
CAE A CARA DE VERGOÑA Ó MOSTRAR A TODO O MUNDO A LAMENTABLE SITUACIÓN NA
QUE SE ATOPA O CARBALLIÑO, E POR DESPILFARRAR OS NOSOS CARTOS EN VEZ DE
INVERTIRLOS MELLOR.