Broma ou exceso de patriotismo nostálxico
Últimamente neste pobo pasan cousas realmente sorprendentes, non nos chegaba con que as rúas do Carballiño apareceran cheas de punta á rabo de zapatillas "All Star" penduradas dos cables que cruzan as nosas rúas, que agora por riba temos que aturar o dubidoso exceso de patriotismo do que fan gala algúns convenciños nosos quenes á falta de ter algo millor que facer se adican a bromear a costa do seu patriotismo español. Non é que estea en contra do patriotismo pero o que non me parece de recibo é que una coñecida cafetería da rúa Principal do Carballiño na madrugada do venres ó sábado entre a música ambiental que pon para os clientes que se atopan na súa terraza se adique a poñer en repetidas ocasións (e incluso en certos momentos a todo volume) o himno nacional e o himno da lexión española como se estivesemos nos tempos de Franco. Por último quero sinalar que esta caste de bromas estan fora de lugar e que algúns veciños temos dereito a durmir sen ter que aturar de madrugada, e a veces a todo volume, música de dictaduras pasadas, exceso de pseudo patriotismo e ruidos.