Cómo desviar cartos do deporte para outras obras
Xa noutras ocasións, se ten denunciado nesta web o nulo interese do alcalde
de Piñor polo deporte. Tamén se ten comentado a falta de instalacións
deportivas en Piñor, e como desde un clube deportivo se conseguiu construir
unha pista polideportiva exterior, a pesar das trabas do sr. Fraga. Pois
agora é o Concello o que solicitou unha axuda, a cal se lle concedeu, duns
50000€ aproximadamente, para " mellorar a pista polideportiva do Arenteiro
e os seus arredores ". Esta pista á que se refiren debe ter uns 200m2 e
está pegada ao campo da festa do Arenteiro. Que deporte se practica nestas
dimensións? Non será que aproveitando a subvención para deportes pretenden
arranxar o campo da festa? Non sería mellor invertir estes cartos na obra xa
iniciada polo clube deportivo, e poder contar así con algunha instalación
deportiva decente no Concello?