Caciquismo común
Queridos amigos, vou a comentarvos o que está pasando neste noso
concello, imos comenzar o novo ano cun aumento de persoal, si amigos, al
menos unhas seis persoas máis , ainda que cando o pp estaba na oposición
decía que sobraba xente agora que gobernan entenden que fai falla máis, non
e grave, soamente e o que vulgarmente coñecemos como Caciquismo Común, unha
enfermidade malisima de erradicar, por outro lado, suben os impostos mentres
siguen gastando os nosos cartos en arranxos sen sentido, por exemplo: cambio
de columpios na alameda, sabedes por que se cambiaron?? pois contovos,
cambiaronse simplemente por que a Noiva do concelleiro de deportes ten unha
empresa adicada o acondicionamento de parques públicos, e dicir, cambiamos
uns columpios que tiñan catro anos por uns novos simplemente para favorecer
a esta empresa. Seguimos, se tendes que realizar algunha obra por pequena que
sexa tendes que sacar licenza, ou ben afiliarte o pp, por que así estas
eximido ( ten máis información de isto último o exconcelleiro sr.Rioboo).
En otro orde de cousas podemos apreciar o ben que fixeron plantando as obras
do Templo da Veracruz, da gusto vela, ese recinto tan ben acondicionado, esas
arbores (que se poden confundir con xestas, toxos...etc) esa limpeza do
entorno envidiada por todo cidadán extranxeiro,.....ía estar solucionado o
tema en dous meses todo máis, o problema e que xa vai para tres anos e
sumando.... Bueno amigos, isto e o que votamos, polo tanto non nos podemos
queixar, simplemente e producto da enfermidade, esa enfermidade tan mortal,
Caciquismos Comun.