Carta aberta ós adiminstradores do Concello do Carballiño

12, Novembro 2009

.....E xa son cinco. Cinco as asulagadas que temos sufrido dende a posta en servzo das obras de beirarúas e alcantarillado da Avda. de Compostela. Recados e denuncias nos Organismos Competentes xa teñen dabondo postas po los veciños cansados de soportar esta situación de inseguridad. A resposta xa son de cuño antigo: Estamos "estudando" o tema e logo iremos sobre o mesmo.! Non se preocupen !
    Disque hai proxectos de verdadeiro luxo.Non me parece mal. A todos nos gusta mellorar as condicións de vida. ! Pero, señores Administradores no será primeiro atender as necesidades primarias,esenciales e imprescindibles para manter con dignidade a seguridade vial i a salude pública ¡
 
      Esta noite pasada foi unha más que tivemos que facer gardas nas nosas casas para evitar,no posibel, danos maiores. Pero o fín os danos ahí están: Vivendas,baixos,sotos,hortas e a mesma rúa. Todo asulagado. A rúa,a altura do enlace da carretera do Reino,mais ben paracía as lagoas de RUIDERA. co evidente perigo para a circulación motorizada.Os danos materiais de cada veciños son importantes ainda que non están todos cuantificados i ¿! os danos contra a salude pública como consecuencia do baño de augas fecales que recibimos cada dous por tres nas nosas propriedades quen no-las vai indemnizar ,tanto unhs coma os outros ?
     Señores Administradores do Concello do Carballiño: Estamos cansados y aburridos con este problema sen que se lle vexa solución.
    Señores Administradores: Falalle un administrado,perxudicado entre outros,que paga puntualmente os impostos que lle toca pagar sin  " rechistar" pero vostedes teñen a obriga de darnos as contraprestación correspondentes "Sen rechistar" temen.
    Señores Administradores do Concello do Carballiño (digo Administradores porque políticos... non me gusta): Naide os levou po-la forza a ocupar ese posto que é de responsabilidade,dedicación e entrega. Se están arrepentidos,deixeno, lisquense que outros haberá que lle voten mais ganas.! Non nos dirán que son poucos os que están na pomada ¡.nin tampouco que por falla de mau de obra......
    Ben. Despois diste soliloquio quero facerlles presente que non personifico este problema senon que o dirixo a toda a Corporación que todos teñen un papel que defender. Que naide se dé por aludido,non quero mancar a naide.
 
    Un veciño sufridor da avenida de Compostela
     Un saludo.