Cipriano ataca de nuevo

25, Novembro 2013

Quero dicirlles que son de Boborás. Un concello fermoso, que seguro que
moitos de vostedes coñecen, cheo de recunchos acolledores, de xente boa, cun
patrimonio histórico envexable… Resumindo, que estou moi orgullosa de
pertencer a este concello. Pero teño que contarlles que dun tempo a esta
parte case me avergonza dicir que son de Boborás (vergoña allea, por
suposto) porque ultimamente non se coñece ó noso concello polo que acabo de
mencionar, senón polo circo ó que nos teñen acostumados (con todo o meu
respecto para os traballadores deste sector, un traballo moi honrado, bonito
e gratificante). Agora somos máis coñecidos grazas “artistadas” dun
“señor” chamado Cipriano, alcalde de Boborás (el di que alcalde de
todos). E digo “artistadas”, porque el é o actor principal de todas as
películas que aquí se fan. Vamos, que un Óscar para este gran artista! O
que se está perdendo Hollywood! Con el de protagonista e os seus
concelleiros de actores e actrices de reparto gañábamos o Óscar seguro!
Vaiamos á última película rodada en Boborás:
Hai un grupo de pandereteiras que se fan chamar As Faíscas de Boborás.
Dende fai algúns anos víñanse impartindo nas dependencias municipais
clases de canto e pandeireta subvencionadas polo concello, a raíz das cales
se formou devandito grupo. Este ano suprimiron esta actividade. As
compoñentes decidiron seguir adiante co grupo e para iso ensaiaban nun local
de Boborás onde sempre se fixeron toda clase de cursos, reunións, ceas e
demais eventos. Bueno, pois a última noticia é que o señor alcalde lles
prohibiu ensaiar alí, ata o punto de pedirlles as chaves. De feito este
pasado venres, día de ensaio, tiveron que facelo nunha casa particular. Un
dos argumentos que lles deu o señor alcalde é que había no grupo xente que
non é de Boborás e eu recórdolle a este señor que esas mesmas persoas
tampouco eran de Boborás cando lle pagaban ó concello por asistir a estas
clases.
Título da película: “Cipriano ataca de novo"
E eu penso: será que a este señor non lle gusta a música tradicional? Que
mágoa! Porque a música amansa as feras...
Ánimo Faíscas!