Con respeto "a tomadura de pelo".
Efectivamente como ben conta o/a veciñ@ que critica a actuación do grupo de goberno e a nosa "pasividade" coincidimos en que non estamos de acordo con esta situación. Tanto Bernardo,o noso voceiro, coma o resto de compañeir@s incluíndome a min non estamos de acordo na maneira de actuar e de non cumplir nin co pactado nin co que lle prometen a veciñanza do actual grupo de goberno. Efectivamente o ano pasado a remunicipalización da recaudación era unha das condicións ( a máis importante dende logo) se lle esixíu o Alcalde para aprobar os orzamentos do 2017. Eles mesmos sacaron un calendario que dividía dita remunicipalización en catro fases. Tres delas xa tiñan que completarse no ano xa vencido (2017) e a cuarta ao longo deste. Nada de nada. E para broche de ouro e cubrirse de gloria publican no BOP de maneira unilateral (correspondelle o pleno a aprobación ou non a forma da xestión dos servizos e os expedientes de municipalización...). Esta é a maneira de actuar do actual alcalde, e de pouco serve dar excusas nin dar explicacións cando decimos unha cousa e POR DETRÁS facemos outra. A parte de esta maneira (privatizando) poden seguir tendo persoal traballando de maneira "irregular" (non esquezamos que a plaza de tesoreir@ con habilitación nacional segue sen salir a concurso...e está cuberta por unha funcionaria interina dende 1994 e dada esta situación debandita plaza tiña que ser sacada a concurso na oferta pública de emprego nun prazo máximo de tres anos dende a toma de posesión da mesma por parte d@ funcionari@ interin@). Este xeito de xestionar non é dende logo o que Alternativa Veciñal quere nin aproba. Denunciamos este xeito de facer as cousas e dende logo sentimonos enganados. Non deixaremos que esta situación caia en saco roto e actuaremos en consecuencia.
Manuel Nogueira, integrante de Alternativa Veciñal e covoceir@ de En Marea comarca do Carballiño