Cuestións de obrigado cumplimento
Hai moitas cuestións que están saindo á luz neste lío monumental que están a protagonizar o do PSdeG de Carballiño e o das mareas. A máis relevante dende o meu punto de vista é a que o señor das mareas denunciou públicamente nesta canle: A obrigarotiedade de levar ó Pleno a licitación da recadación.
Neste caso o das marexadas tiña razón, e deixou que o seu compañeiro citase os artigos da Lei que lle dan a razón. E agora, por arte de Birly y Birloque, o das mareas quítase a razón a sí mesmo e a propia Lei, e xa ve ben que o do PSOE licite o servizo de recadación sen levalo a Pleno, por nada máis e nada menos que tres anos.
Aquí hai moitas cousas que cheiran que apestan. O feito de que a dona do alcalde traballe no servizo de recadación, sendo significativo non é o máis importante. O máis importante é que o alcalde podería estar incurrindo en prevaricación administrativa o non levar a Pleno o que a Lei lle obriga a levalo. E que o resto da oposición permanezca impertérrita ante tal atrevemento. A non ser que a oposición queira facer o mesmo cando chegue o poder.
E o das mareas debería ter mais seriedade, e debería facer unha fonda reflexión, porque deixar o seu compañeiro que citase os artigos da Lei, pra despois tarabelexar e deixalo aos pes dos cabalos non é de recibo. Por certo, o compañeiro estivo acertado, ese é o camiño, e o camiño nunca é o que marquen os tarabelas.