CUESTIÓNS SOBRE AS OBRAS DA RUA OURENSE
Son veciño e polo tanto tamén usuario a cotio da rua Ourense. Chegado a este punto das obras, non vou entrar en grandes polémicas sobre as mesmas, somentes que a imaxe que está dando a empresa que executa as obras é lamentable. Ninguén é profeta na sua terra, pero o que están a facer os de Proyecon, que ten tantos socios na emrpesa do Carballiño deberialles caer a cara de vergonza.
A estas alturas das obras, e que se vai empezar a colocación dos bordillos, a ver canto tarda en aparecer a seguinte denuncia pola colocación dos mesmos. Vendo os ferros espetados no chan, a máis dun non lle vai gustar as zonas de aparcamento.
O que non me queda nada claro, é que a reforma vaia chegar ata o cruce de Otero Pedrayo e Conde Vallellano que é onde comeza a Rua Ourense.
O que si teño claro é que a reforma vai parar na entrada o Alcampo e non vai chegar a rotonda da Fontela onde está o Casa Arsenio.
Non vale que me digan que ise tramo está en Maside, agora que nos levamos tan ben co concello de Maside pola ampliación do polígono ou co tema da auga. A rua tiña que ser arranxada na sua totalidade, dende a rotonda ata onde comeza Conde Vallellano. E mais cando quen paga a obra é a Confederación Hidrográfica na sua totalidade. Un organismo estatal traballa por todolos españois, sexan do Carballiño ou de Maside.
Non sei quen son máis inútiles, os do concello de Carballiño ou os de Maside. A realidade é que o tramo do Alcampo o Arsenio vai quedar como está. Todo unha merda.
P.D.: Como remate o esperpento que montan cada día os de Proyecon coa colaboración do Concello do Carballiño, vese que o presuposto de 1,7 millón de euros vai xustiño é non da para sinais de tráfico. Xa que teñen case a diario o da grua municipal levándolle sinais do Concello para a obra. O que fai a obra será o que ten que poñer os medios precisos para executala e non empregar as do concello e moito menos facer perder tempo a un empregado do concello que está para atender as cousas do concello e dos seus empregados.