Datos do coranavirus no Carballiño

8, Febreiro 2021

Observando os datos do coronavirus no carballiño, cunha evolución moito peor que no resto da comunidade onde os casos están caendo en picado e aquí aínda estamos no pico de contaxios e imos entre unha ou duas semanas por detrás, quería facer una reflexión sobre as consecuencias desto.

Estivéchedes semanas dicindo que nin tan mal, que comparado con outros sitios ainda que os datos non eran bos nin comparación, insinuando que as medidas que se puxeron eran excesivas para o carballiño, alentando os cometnarios dalgúns hosteleiros que as medidas eran inxustificadas....

Agora que xá pasaron 3 semanas.... despois de todas esas mensaxes que fan que a xente se relaxe, que pense que o virus no e para tanto... eses lamentos o que conseguiron e que vaiamos casi duas semanas por detrás do resto...

E aquelas protestas, que están moi ben.... o final o que nos van a levar e a ter restriccións unha ou dúas semanas máis co resto de sitios, cos bares (aqueles que protestaban e a duras penas cumplían) cerrados máis do que debería.

A reflexión ven de que, ¿realmente compensa dicir que no carballiño estábamos maltratados e cunhas medidas más duras do que deberíamos?
Dádesvos conta todos que da igual as protestas, que eso non vai conseguir que nos quiten as restriccións antes, senón todo o contrario.

O que en principio podería parecer unha defensa o comercio e a hostelería do pobo, ó final convírtese no seu peor enimigo

Esto é unha reflexión para vos como medio de información do pobo que xera unha opinión na xente que failles cambiar a suas actitudes, e que o final o que se consegue é empeorar a situación

Sair as rúas estos días es para votarse as mans a cabeza, rapaces xuntos, xente nas portas dos bares coas mascaras baixadas e a gritos, xente dicindo que xa non se cree nada, xente que incumple..... pero todas esas cousas, non van facer que nos quiten as restriccións, todo o contrario. E mentres a policía desaparecida coma sempre e os medios de comunicación quitándolle ferro o asunto pero o final todos cerrados, e a culpa e nosa, o virus e o mesmo en todos lados, o que non e o mesmo somos nos.

Espero que reflexionedes para o futuro de como as vosas opinións poden facer que a xente deixe de cumplir, como leva sucedendo todo o mes.