De bares e amizades
Esta fin de semana o concello decidiu pechar varias rúas, entre elas a Avenida do Balneario, desviando o tráfico polas rúas adxacentes. Este desvío afectou a particulares e incluso a camións, sen ningún tipo de límite nin control, provocando incluso un accidente cun vehículo estacionado correctamente na rúa Pedriña. Por ese motivo gustaríame denunciar como veciño que xa está ben que se corten rúas de xeito arbitrario e sen mirar nin tan sequera se o desvío é apropiado para os vehículos que deben circular por elas. Además, para decidir onde e que actividades poden ocupar a vía pública, se debe mirar non sólo onde teñen un bar os amigos do concelleiro de turno (de turismo e deportes, por exemplo), sinon que por riba da amizade é obrigado que prime a seguridade dos veciños e o interés de todos, e non só o beneficio duns poucos.