De Espazo Común sobre a máis que sospeitosa selección de persoal para o Obradoiro de Emprego

21, Outubro 2024

Nas últimas datas foron varias as persoas que se dirixiron a nós con queixas sobre a máis que dúbidosa selección de persoal realizada para o obradoiro de emprego Carbomas que tivo lugar en datas recentes.

Despois de buscar información sobre o proceso nas páxinas web dos tres concellos participantes (O Carballiño, Boborás e Maside) non fomos quen de atopar nada ao respecto polo que só poidemos acceder aos escasos datos publicados no taboleiro físico do Concello do Carballiño.

Con asombro, comprobamos que na puntuación final para baremar aos candidatos, foi decisiva a entrevista persoal realizada por un tribunal con representantes das tres administracións, contando case tanto na puntuación final como a situación persoal.
No caso do Carballiño resulta chocante pois esta modalidade de entrevista persoal para a selección de traballadores foi derogada no ano 2015, sendo concelleiro de persoal Adolfo Nogueira nada máis chegar ao goberno, para cumplir coa promesa de evitar que esta práctica que se presta excesivamente para “colocacións a dedo” seguise sementando dúbidas e inxustizas.

Se temos en conta o tipo de preguntas que se realizaron neste caso concreto, as sombras aínda son moito máis longas pois, segundo nos contan os participantes, foron do tipo:

-Qué modulos hai neste obradoiro? -Para que idades é este obradoiro?

Quremos pensar que non houbo ningunha clase de nepotismo nesta selección pero o oscurantismo, a esaxerada valoración da entrevista persoal e o histórico do PPSOE nestas lides fannos ter moitas dúbidas.

Así, nos vindeiros días pediremos toda a información relacionada con este proceso, incluídas as actas que deberan estar publicadas para o acceso de tódolos interesados.