Debate electoral de Maside
Encendin a Cope como cada día, e atopeime co candidato do PP leendo un papel. Ata aí ben. O candidato do PP pode facer todos os brindis que queira. Pode dicir que vai facer isto e o outro, porque ninguén lle pode dicir o contrario. Pero iso de dicir que a candidatura do PP é totalemtne renovada, xa deixa de ser un brindis, e pasa a ser unha solemne e grosa mentira. Porque aos masidaos non se nos pode tratar de parvos, e se o número seis, que é o fillo do que fora alcalde do PP hai oito anos, vai nestas listas de seis, e fora nas anteriores de dous, e por añadidura é o presidente do PP de Maside, de renovación total, naranxas da china ou se queredes conto filipino. O termo correcto sería renovación parcial, ou se queredes, maquillaxe total, pero non tratedes aos masidaos por pampos.