Desbrozando pedras - Segunda parte

14, Maio 2014

No 14 de marzo os fenómenos de alcalde que temos andaban destrozando
a desbrozadora do tractor contra muros e pedras, gastando gasóleo e pagando
salarios para malversas os cartos de todos desbrozando unha herba que aínda
non medrara (http://copecarballino.es/denunciacidada/desbrozando-pedras).
Podían andar recollendo o lixo amoreado nas cunetas, pero non, porque eso
dá moito traballo e hai que doblar o lombo. Según estaba previsto, cando se
precisara desbrozar (porque as cunetas están cheas de herba de mais de UN
metro de alto e tapan as curvas con o risco de accidente porque non se vexa a
persoas, animais ou outros vehículos a causa da herba) xa se adiviñaba que
os tractores e as desbrozadores non se ían ver por ningún lado. Dito e
feito, aquí teñen o estado actual das pistas de Punxín e Maside por causa
da desidia e a falta de competencia destes "rexidores".
Imaxe:
http://copecarballino.es/sites/default/files/webform/Herba%20cuneteas%20...