Do BNG sobre a Residencia de Maiores do Cornuval

28, Novembro 2014

No Diario Oficial de Galiza (DOG) do pasado 14 de novembre, facíase o anuncio da contratación da xestión do servizo de atenciónn residencial da ampliación da residencia de maiores do Carballiño,é decir confirmábase á PRIVATIZACION desta instalación que foi pagada con DIÑEIRO PUBLICO, DE TODOS.A nosa organización, que estivo e está en contra deste novo desmantelamento da rede pública, non entende como é posible que soiamente saia a concurso o 17% da sua capacidade total de prazas, e ademais no punto 1-d do anuncio,di que o prazo de execución será "dende a sinatura do contrato ata o 31 de decembro do 2015". Entendemos, e asi o manifestamos con antelación, que este disparate poidera obedecer a un interese craramente de mercadeo eleitoral,(lémbrese que esta instalación LEVA CONSTRUIDA DENDE FAI SEIS ANOS, E CURIOSAMENTE PORASE EN FUNCIONAMENTO, SOIAMENTE UNHA PARTE,XUSTO ANTES DAS ELECCIONS MUNICIPAIS.Dito esto, que en si mesmo é preocupante, temos a obriga de manifestar que, ainda que a data límite de presentación de propostas por parte de empresas que poideran estar interesadas,remata o SABADO 29 de Novembre, xa se comenta con moita profusión de datos que a adxudicación vai recaer na empresa GERIATROS. Con independencia que nos non temos nada en contra desta empresa, non é menos certo que debemos poñer sobre aviso destos comentarios "OFICIOSOS", mesmamente cando, ainda que nos non estemos a favor da privatización,sabemos do interese que poideran ter outros empresarios deste sector, incluso do ámbeto provincial e comarcal.Temos coñecemento, tamen de xeito oficioso de casos de persoas que acreditan que XA LLE OFERTARON UN POSTO DE TRABALLO.
De ser certo o que denunciamos, estaríamos novamente diante dunha parodia de proceso, de ahi que, a traves deste escrito, somentes pretendemos informar á cidadanía do que se comenta en Compostela e O Carballiño, e se foxe posible, non estaría de mais, que alguen, no ambeto corresponde votase luz sobre este asunto,desmentindo, si fose o caso esta denuncia que realiza o BNG, afirmando con rotundidade que o proceso realizarase con total transparencia igual que a posterior contratación de persoal.
BNG de O Carballiño