DO PSdeG-PSOE de Leiro sobre a ausencia no acto de inauguración da iluminación da Ponte da Esperela

13, Decembro 2024

Dende o PSdeG-PSOE de Leiro queremos deixar clara a nosa decisión de non
asistir a invitación recibida por parte do Concello de Leiro para a inauguración da
iluminación da Ponte da Esperela, que se realizou onte xoves día 12 de decembro.

Consideramos unha tomadura de pelo por parte do grupo de goberno recibir dita
invitación no correo electrónico ás 9:42 horas da mesma mañá da inauguración.
Ademais deste sen sentido, tamén queremos destacar que nos parece unha
inmoralidade e unha irresponsabilidade acudir a dito acto, despois de todo o que
aconteceu durante o verán e parte do outono nas obras da ponte da Esperela.

Unha ponte pechada e un goberno local máis pendente do escarnio, a mentira,
a opacidade a incompetencia e o que é máis grave, un goberno que xogou coa
economía de comerciantes e hostaleiros. Cabe lembrar ademais que o Partido
Popular foi incapaz de contestar as numerosas preguntas planteadas no
Parlamento Galego e o goberno local optou por non defender os intereses da
veciñanza ante un grave problema que afectaba tanto a economía local, como a
mobilidade da propia veciñanza para desprazarse aos seus postos de traballo fora
do concello.

Con estes antecedentes, as e os socialistas de Leiro non poderíamos acudir a este
acto de palmeiros, posto que nos caería a cara de vergoña ante tal sen sentido
por parte do goberno municipal e da Xunta de Galicia. Amosamos o noso
profundo e total respecto pola veciñanza que acudiu a dita inauguración, pero
lembrámoslles que viven nun engano permanente por parte do concello