Do PSdeG-PSOE de Leiro sobre a concesión do Mosteiro de San Clodio
O Municipal Socialista de Leiro quere salir o paso de unha información que saíu nos medios de comunicación referida a concesion do Mosteiro de San Clodio, porque parece que so ai un culpable neste caso como e a Xunta, pero ai outro autor neste caso o Concello xa que e parte do Convenio, polo que e o mellor posicionado para fiscalizar a xestión de Hotusa nestos 24 anos mirou para outro lado, xa que se dedicou a pastorear a voluntade dos veciños e defender os intereses do seu partido.
✔️O PSOE de Leiro acusa á Xunta de Galicia e ao Concello de ocultar a realidade do investimento e da xestión do Hotel Mosteiro e o Spa de viñoterapia de San Clodio, pois despois de seis solicitudes de información ao respecto entre o ano 2017 e 2023 realizadas polos seus representantes na Cámara Autonómica, non obtiveron resposta.
✔️Os socialistas de Leiro queren saber porque, un investimento inicial no Mosteiro de San Clodio entre 1.999/2.000 de 2.650.602,00 €, financiada inicialmente por dúas Consellerias de Agricultura, Familia y Cultura, ademais da Secretaria Xeral de Turismo da Xunta, converteuse ao final do proxecto nun investimento de máis de 11.200.000,00 €.
✔️Un investimento nun hotel e un spa cuxa explotación foi outorgada mediante convenio pola Xunta de Galicia, a orde relixiosa de Samos e o Concello de Leiro, ao Grupo Hotusa para a súa explotación por un decreto de 25 anos.
✔️Un convenio do que deriva desde 1.999 unha carga para o Concello de Leiro, en concepto de aluguer, de 7.000,00€ mas I.P.C. e máis o mantemento e conservación das fincas aledañas ao mosteiro, que supuxeron un desembolso para as arcas do Concello, a decembro do 2022 de máis de 210.000,00 € e aos socialistas de Leiro lles gustaría saber polo señor Alcalde que contrapartidas e que beneficio reverte dese aluguer de fincas aos veciños de Leiro.
✔️Os socialistas consideran imprescindible acceder ás clausulas que regulan a concesión da xestión do hotel e spa, de obrigado cumprimento para a empresa hotusa e que todo indica que nin a Xunta nin o Concello teñen intención de facer cumprir, antepoñendo os intereses da empresa por riba dos dereitos, os intereses e o benestar dos veciños de Leiro.